Resumo xuntanza sobre o borrador da convocatoria para o pase ó Grupo C (10-06-09)
As alegacións que presentamos CCOO tédelas na seguinte folla de xeito completo, engadindo que, en coincidencia coa UGT e CIG solicitamos que se puidesen presentar todos os Axentes Forestais que están no D e que no momento en que acadasen os requisitos de antigüidade pasasen de xeito automático ó grupo C, proposición que contou co rexeite de Función Pública e da CSIF.
Ante isto houbo unha proposta de validar o estar en posesión do Bacharelato e do curso habilitante conxuntamente para poder presentarse a esta convocatoria, en consonancia co recollido no EBEP, e que coma no caso anterior foi apoiada pola UGT, a CIG e CCOO, e rexeitada por CSIF (con argumentos en 2ª liña de que isto imposibilitaría acadar o grupo B, ou sexa, máis preocupados por acadar o B para os que xa son do C que en posibilitar o acceso a todos os que aínda son do D), mentres que Función Pública dixo que o mirarían si era posible ou non, pero dando poucas
esperanzas.
Por outra banda a CIG solicitou nota de corte, e tanto eles como a CSIF non tiñan feitas as alegacións.
CCOO solicitou aclaracións sobre que quería dicir “estar en condicións de obtención da titulación requirida” e refírese a ter rematados os estudios do ciclo superior (o XORNP) pero aínda non se está en posesión do Título. Para cumprir con este requisito é imprescindible na data desta convocatoria ter aboadas as taxas de solicitude de titulación. Tamén se preguntou que ía pasar cos que agora non se poderían presentar, alegando Función Pública que esta convocatoria é válida para aqueles que posúan os requisitos e que a lei 15/2006 fala dun máximo de dúas convocatorias, deixando entender que non existe un mínimo.
A valoración de CCOO é que xa era hora de ir cumprindo cos pactos e mandatos lexislativos, polo que vemos este proceso de integración como moi positivo sen deixar moi claro que isto non acaba de resolver o histórico problema de acceso ó grupo C e que quedarán bastantes traballadores que non terán a opción de poder integrarse nesta escala, aínda que cumpran coas mesmas funcións e aínda que sexamos a última comunidade autónoma en ter rematado este proceso.
A próxima reunión sobre deste tema será o venres 12 de xuño na Mesa Xeral. Alí volverá CCOO a loitar pola consecución do grupo C para todos os Axentes Forestais de Galicia.
SECTOR ADMÓN. AUTONÓMICA de CCOO de Galicia