Reunión co Asesor xurídico de Aprafoga
O día 2 de maio a Xunta Directiva da Asociación mantivo unha reunión informativa co seu Asesor Xurídico. Os temas que se trataron foron os seguintes:
O feito de compartir vehículos, sendo estes o noso principal medio de traballo, e a dificultade inherente á cumplimentación das nosas tarefas que elo conleva. Tan só adiantar que, dentro da nosa zona de traballo, a xornada laboral empeza a transcorrer dende o momento en que saímos da casa para recoller o vehículo oficial.
O tema das cuadrillas sen Xefe de Cuadrilla. Feito que, de acontecer calquera situación grave, o directamente perxudicado sería o Axente Forestal, como Director de Extinción, sendo obrigatoria a súa existencia dentro do modelo organizativo. Toda unidade debe ter un responsable no seu ámbito, e no caso dos Xefes de Cuadrilla, eles son os encargados de cumprir e facer cumprir os preceptos da Lei de Prevención de Riscos Laborais dentro da súa unidade, como ademáis así consta no INFOGA.
Ó respecto, sinalar que cando unha cuadrilla acude á extinción e se pon baixo as ordes do Director de Extinción, tanto se aparece falta de algún ou algúns dos seus membros como si aparece sen Xefe de Cuadrilla, queda remitida á “prudencia” do Director de Extinción considerar si a cuadrilla pode ser utilizada independentemente ou se debe ser utilizada para reforzar a outras que sí dispoñan de Xefe de Cuadrilla. Si se observa que a cuadrilla non pode operar, debe evitarse a súa actuación independente.
Sobre o tema debaterase o luns, 6 de maio, no Consello da Xunta. Estamos á espera do comunicado que ó respecto haberá de emitir a Secretaria do Delegado Provincial.
O tema das tarefas propias ou non do grupo D na nosa escala ( por exemplo: non son propias, ou sexa, non nos corresponde, a cumplimentación dos datos persoáis e circunstancias no caso dos comunicados e autorización, nin de queimas nin no caso das queimas nin no caso das cortas; non nos corresponde a redación de informes que impliquen xuízos de valor, etc.)
Tratouse tamén o tema dos continuos cambios de nivel. Polo momento, a única instrución que existe ó respecto do Director Xeral de Montes e MAN, asinada con data 15 de setembro de 1997, e que no seu punto 6, concreta: A planificación de quendas e turnos de garda, reflectida nos correspondentes cadros horarios, segundo o respectivo nivel de risco, non poderá modificarse, salvo causa de forza maior, antes dos seguintes quince días hábiles dende a súa entrada en vigor. Que non se respecte esta instrución é, cando menos, improcedente.
Tratouse tamén o tema da nota interior do Xefe do Servizo de Conservación da Natureza ó persoal de campo do Servizo. Esta nota interior é xuridicamente impresentable.
Tratouse tamén o tema de solicitar unha nova reunión coa Secretaría Xeral Técnica, para presentarlle a proposta de horarios que por maioría absoluta consesuaron os Axentes Forestais nas diferentes reunións mantidas, a nivel provincial ou de Distrito, coa Xunta Directiva da Asociación e os Sindicatos presentes.