Reunión co Conselleiro de Medio Ambiente

 

O vindeiro mércores, 28 de setembro, a Plataforma Sindical e a Asociación Profesional manterá unha xuntanza co novo conselleiro de Medio Ambiente. Non se pode dicir o mesmo do conselleiro do Medio Rural, que ata agora escaquéase de xuntarse cos representantes do colectivo -Asociación Profesional e Sindicatos-, incumplindo a súa palabra en época electoral, a pesar de que se insistiu pola nosa parte, de palabra e por escrito, da necesidade dunha reunión urxente ante os cambios que se aveciñan e que nos afectan de modo directo. Parece que o Bloque sigue a liña do PP e xoga o seu mesmo xogo: darnos largas, o cal terá resposta pola nosa parte.

Agardamos que desta xuntanza co conselleiro de Medio Ambiente poidamos sacar información, ou ben acadar canles para conquerila de xeito inmediato, pois son moitos os temas que están pendentes de ser rematados ou resoltos axeitadamente (por exemplo: ¿cómo é asumible que “Auxiliares técnicos”, grupo “D”, exerzan as funcións de “Directores de extinción”, dirixindo incluso as operacións de descarga dos medios aéreos, ou leven a cabo labouras de inspeción, dicten informes vinculantes ou se lles encomenden medios como o G.P.S.? O tema non é tan sinxelo como para ser tomado a broma.{jcomments off}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies