REUNIÓN DE MEMBROS DA XUNTA DIRECTIVA CO DIRECTOR XERAL DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA

 

A reunión celebrouse o pasado día 25 de xuño na Dirección Xeral de Conservación da Natureza

nun ambiente moi distindido no que ademais do Director participou tamén o Subdirector de Biodiversidade.

Sen entrar en profundidade comentáronse os temas seguintes:

1.- Qué é APRAFOGA, como ente apolítico e representativo dun grupo de profesionais concretos que pretende

ter unha relación fluída cos representantes da Administración e cos axentes sociais.

Neste senso o Director Xeral manifestou o seu desexo de ter unha relación constante coa asociación para tratar

tódolos temas que afecten ao noso colectivo.

2.- A proposta do novo regulamento para a escala de Axentes Facultativos Medioambientais.

Os representantes da Asociación, en consonancia co que defenden os representantes sindicais, informaron da proposta

de regulamento que ten o colectivo, ao que se engadiu a necesidade de que o colectivo teña unha única dependencia

funcional e unha estructura xerarquica que pasa por ter uns mandos a nivel provincial e a nivel autonómico.

Neste sentido, sen entrar en moitos detalles, manifestaron a necesidade de estudar tódalas opcións emprazándonos a

futuros encontros a medida que avancen os traballos na mesa de negociación.

3.- A problemática cos vixiantes de recursos. Reiteramos as niosas queixas neste asunto e que a asociación ten aprobado

en asemblea en acudir, se é preciso, a vía xudicial para obter un pronunciamento da xurisdicción ordinaria, aínda

que entre todos deberíamos achar unha solución para non esgotar esa posibilidade. Así mesmo recordamos o valor das

denuncias de dito persoal laboral, así coma cal debería ser a súa función e dependencia.

Responderon que son conscientes de certa problemática en algúns Distritos e emprazámonos a obter información de detalle

a nivel de provincias e distritos para valorar a situación a primeiros de outubro e tomar decisións ao respecto.

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies