Reunión coa Dirección Xeral de Función Pública ( 18 de outubro de 2005 )
 
 

Dado que hai temas que deberanse resolver a través de Función Pública, a Plataforma Sindical (CCOO, CSIF e UGT), solicitoulle por escrito o pasado día 3 de outubro ó seu Director Xeral unha reunión urxente. O texto da solicitude foi o seguinte:

 

A situación xerada polo anterior goberno, abocounos a non ter concurso de traslados en máis de dez anos e a permanencia continuada en destinos provisionais por xa caseque dous anos ós Axentes Forestais que se incorporaron coas últimas oposicións.

 

Dado que os datos que estamos a recibir parecen indicar que o concurso de traslados está a piques de resolverse e tendo en conta a complexidade de diversos aspectos que afectan ó colectivo de Axentes Forestais,

 

 SOLICITAMOS:

 

A convocatoria dunha reunión coas organizacións que asinan este escrito na que poidamos plantexar e resolver as dúbidas para con este colectivo.{jcomments off}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies