MEMBROS DA XUNTA DIRECTIVA DE APRAFOGA REÚNENSE CON ALTOS CARGOS DA XUNTA
Dentro do programa de acción da Asociación, membros da xunta directiva reuníronse neste veran co Director Xeral de Conservación da Natureza e co Director Xeral de Función Pública cos que se abordaron diferentes temas. Trala reunión en función pública,a Asociación presentou escrito de alegacións ao anteproxecto de Lei de emprego público de Galicia para que a Escala de Axentes Facultativos Medioambientais se clasique dentro do grupo “B” da futura Lei. Os socios, no enlace restrinxido da páxina, teñen acceso ao contido deste documento e a información dos temas tratados nestas reunións.