REUNIÓN DE MEMBROS DA XUNTA DIRECTIVA CO DIRECTOR XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA
A reunión celebrouse o pasado día 4 de xullo na Dirección Xeral de Función Pública.
Foron obxecto de comentario os temas seguintes:
1.- Qué é APRAFOGA, como ente apolítico e representativo dun grupo de profesionais concretos que pretende
ter unha relación fluída cos representantes da Administración e cos axentes sociais.
2.- A proposta do novo regulamento para a escala de Axentes Facultativos Medioambientais.
Os representantes da Asociación, en consonancia co que defenden os representantes sindicais, informaron da proposta
de regulamento que ten o colectivo, ao que se engadiu a necesidade de que o colectivo teña unha única dependencia
funcionale e unha estructura xerarquica que pasa por ter uns mandos a nivel provincial e a nivel autonómico. Tamén se
lle explicou ao director a necesidade de que algún responsable do seu departamento formae parte da mesa de negociación.
O Director entendeu as nosas propostas si ben dixo que neste intre calquera cuestión que implique un maior gasto de persoal
e difícil levalo a cabo; aínda que coa amortización de algunha praza vacante se poden subir niveles para determinados postos.
Por outra banda xa adiantou que para este e outros temas que haxa que contar con Función Pública estará un representante
deste departamento na mesa de negociación.
3.- O tema mais importante da reunión foi o de clasificar a escala de Axentes Facultativos Medioambientais dentro do grupo B da ´
futura Lei de emprego público de Galicia.
Manifestamos a nosa preocupación porque no actual borrador do anteproxecto de Lei deixase deserto o grupo B cando o Estatuto
Básico do Empregado Público di que se clasificarán no grupo B aqueles corpos e escalas para cuxa titulación de acceso se esixa
o título de técnico superior.
O Director dixo que estudarán esa posibilidade antes do envío do texto ao Parlamento, que preven que se faga neste mes de xullo.
Por parte da Asociación, para que ao Director lle conste unha solicitude fundamentada obxecto de debate na mesa de traballo do
borrador, presentaronse alegacións con suficientes fundamentos de feito e de dereito para que a Escala de Axentes Facultativos
Medioambientais se clasifiquen dentro do grupo B da futura Lei de emprego público de Galicia, como así o recolle a Lei de
Castilla-La Mancha.