Reunión da Comisión de seguimento do Acordo (03 de decembro de 2004)
Resumo:
– Presentouse á Plataforma Sindical o temario refundido para a oposición de acceso á escala de Axentes Facultativos Medioambientales (organizado por temas que se corresponden cos módulos do curso do Grupo “C”).
– Presentóuselle o borrador do anteproxecto de Lei polo que se modifica a Lei 2/2000, de 21 de decembro.
– Comunicóuselle á Plataforma que o novo complemento específico xa superara un novo escalón e xa tiña o visto bo de Economía. En xaneiro xa disfrutaremos do novo complemento específico, ainda que por cuestins de adaptacións presupostarias é moi posible que non se escomence a percibir ata a nómina de febreiro, con carácter retroactivo.
– O tema das identificacións: haberá que facer cada Axente a súa fotografía, uniformado???, estandar en canto a tamaño e características. Debido a que nas actuais datas gran parte do colectivo vai estar disfrutando días de asuntos persoais ou vacacións, postergarase o tema ata xaneiro ou febreiro.
– O concurso de traslados non depende da nosa Consellería, pero que se sepa non vai sufrir retrasos.