Reunión da Comisión de seguimento do Acordo (05 de novembro de 2004)

 

O pasado venres mantivo a Plataforma Sindical a primeira reunión da Comisión de Seguimento do acordo.

Entregáronse varios borradores para ser sometidos a estudo polos Sindicatos, dos cales tan só sinalaremos o fundamental, esperando a que acade proximamente o seu carácter definitivo.

Entregouse ós Sindicatos o borrador da Orde pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas a percibir polo persoal da escala de Axentes Forestais da Xunta de Galicia.

Como era de esperar, dito borrador recolle o texto do acordo firmado entre as Organizacións Sindicais e a Administración, acordo do que todos sodes sabedores e que está transcrito nesta páxina.

Entregouse ós Sindicatos o borrador da Convocatoria do proceso de integración na Escala de Axentes Facultativos Medioambientais. Nel contémplanse os aspectos xerais do procedemento: concurso-oposición, e consta asimesmo un borrador do exercicios da fase de oposición, que en esencia versará sobre o temario do curso de hablitación ó que a práctica totalidade dos Axentes asistiron (coñecido como “libro gordo de Petete”). Haberá un segundo exercicio de carácter eliminatorio, consistente nunha proba de tradución galego-castelán e viceversa (estarán exentos os que xa teñan o curso de perfeccionamento). A fase de concurso será de carácter xeral, coma noutros procesos.

Aqueles que superen este procedemento, seguirán prestando sevizo nos postos de traballo que estiveran ocupando con carácter definitivo, dentro xa da nova escala (Grupo “C”).

A implantación do Grupo “C” xa está consignada no Anexo de persoal (551 postos est´sn xa consignados no Grupo “C”), e xa está introducido nun apartado dos presupostos para o 2005.

En canto á modificación da disposición transitoria da Lei 2/2000, instouse para introducila na Lei de Acompañamento dos Presupostos. Debido ás modificacións da Lei de Medidas de Acompañamento, e en previsión de que poideran haber recursos, non foi incluida, e estase a tramitar polo procedemento de urxencia, e se confía en que antes de que remate o presente lexislatura estará resolto. De tódolos xeitos, tódolos Axentes terán dereito a dous procedementos de acceso á nova escala.

Estase a elaborar a futura, na que tódalas prazas aparecerán xa incluidas nos Distritos Ambientais (a integración funcional será progresiva, pero manteranse as especialidades).

Aspectos económicos: serán os que constan no acordo. O complemento de productividade será vía Orde do Conselleiro, e o específico será previo acordo do Consello da Xunta (está en fase de informe de Economía).

Tamén estase a punto de publicar a Orde de identificación dos Axentes, e ditas identificacións non farán referencia a datos persoais, nin siquera farán referencia ó Distrito de pertenza, recollendo as propostas da Asociación .

En canto ás luces de emerxencia, estase tramitando, pois precisa a autorización de tráfico, e precisará de efectuarse exames previos validantes.

De todo esto ampliarase información logo da nova reunión da Comisión de Seguimento que previsiblemente terá lugar no prazo dunha semana, máis ou menos.

Engadir a todo esto que representantes da Asociación Profesional estiveron presentes na reunións da Asociacion Nacional en Valsaín (Segovia), para intercambiar impresións e estar sabedores do que acontece noutras Comunidades Autónomas.{jcomments off}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies