Reunión da Comisión de seguimento do Acordo (13 de decembro de 2004)

 

Esta reunión da Comisión de Seguimento do Acordo, celebrada o día 13 do presente mes de decembro, foi unha reunión tensa, na que se puxeron de manifesto certas diverxencias entre a Administración e a Plataforma Sindical.

 

Estas diverxencias centráronse no desexo por parte da Plataforma de que o Acordo sobre as condicións de traballo e carreira profesional, asinado pola Administración e os Sindicatos en data 24 de xuño de 2004, fose publicado no DOG en formato de Acordo, en non de Orde, ou en formado de Orde que recolla integramente o Acordo mencionado. Tal e como está a facer, iranse publicando, vía decretos ou ordes, ou modificacións de leis, os dintintos apartados que conforman o Acordo, e non se publicará na súa integridade como tal. Agardamos resposta na vindeira reunión da Comisión.

 

E por outra banda, dado que se estan a producir numerosas irregularidades na aplicación do referente á Orde de horarios, así como no proceso de integración nos Distritos (neste tema ainda haberá que tratalo de xeito oportuno, pois non houbo tempo para todo), a Plataforma Sindical manifestou a súa disconformidade pola discordancia manifesta entre o pretendido levar a cabo en numerosos Distritos, ben polos xefes de servizo, delegados provinciais ou xefes de Distrito, de xeito que pretenden horarios nos que se descanse un fin de semana cada tres, ou incluso cada dous -cando o acordado e 1 cada 4, en cómputo anual-, non se respete o descanso posterior ós festivos -ou o número de festivos-, non se respete o réxime de xornadas nocturnas -unha semana con xornadas corridas en nocturno cada 6 semanas-, pretendan que as vacacións do ano 2005 queden fixadas neste ano: 2004 -cando o normal na nosa Administración e acordalas no primeiro trimestre, con data límite para fixalas o 31 de marzo-, etc.

 

O que teñen que facer é adaptarse ó Acordo asinado, e non pretender vulnerarlo non se sabe con qué “obscuros” motivos, porque tanto a Plataforma Sindical como a Asociación Profesional non van a tolerar nin a máis mínima vulneración do pactado en data 24 de xuño de 2004.

 

Polo visto, na Dirección Xeral non se sabía nada destes horarios “pantasma”, obrigados a cumplimentar xa a pasada semana, según provincias, uns dun xeito outros doutro, cando no que se quedara coa Administración era con que a tardanza en aplicar o novo modelo de horarios era xustificada porque se pretendía que fose de xeito uniforme en tódolos Distritos, sen fisuras nin desaxustes, según o acordado. Tempo tiveron dende o verán de escomenzar a planificar os novos horarios, e agora o que reina de novo é a anarquía e o abuso de autoridade.

 

O mesmo parece que está a acontecer coa integración de Conservación nos Distritos, porque parece que depende tamén da arbitrariedade de quen a asuma, porque si en principio falouse dunha integración paulatina, mantendo as especialidades, para non xenerar situacións caóticas, agora parece que a algúns entroulle-las presas, e queren facer a integración “a trapo”: o 1 de xaneiro todos para todo. E neso quedaramos, sí, pero só en situacións límite, de exceso de carga de traballo, mantendo as especialidades, integrándonos de xeito progresivo, non pola lei do embudo.

 

Polo visto, esto non comeza como tiña que comezar, fai meses incluso que podía estar esto en marcha. ¿Será por inercia que a Consellería tende ó caos?. ¿Será que están enganchados á improvisación, a arbitrariedade e o abuso de autoridade, a non cumpli-los acordos?. Doutro xeito non se comprende cómo pretenden levar a cabo a integración, cómo pretenden aplicar o acordado respecto ós horarios, eso que en principio falaron dun modelo único para tódolos Distritos, sen fisuras nin erros. Menuda broma.

 

A próxima semana reunirase a Comisión de Seguimento, posto que a Consellería “comprobará” a información facilitada pola Plataforma Sindical, e retomarase o tema da axeitada aplicación do modelo de cadrantes. Non se admitirá outro modelo que aquel que se axuste ó acordado, diso que non quepa dúbida algunha.

 

Por último, con respecto ó temario, logrouse reducir un pouco máis, a 40 temas en lugar de 45 (suprimirase algún tema xeral e agún de prevención ou primeiros auxilios ou semellantes, xa se informará), ainda que á Asociación non é isto precisamente o que máis lle preocupa.{jcomments off}
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies