Reunión da Comisión de seguimento do Acordo (21 de decembro de 2004)
 
 

Esta reunión foi exclusivamente para trata-lo tema de horarios, dado o desbaraxuste que se orixinou dende a propia Consellería. Tampouco faltou tensión neste debate.

 

Quedaron fixados de xeito que cumpliran o acordo: un fin de semán de garda cada catro en cómputo anual, unha semana nocturna en cada periodo de seis semanas, libranza posterior a unha garda en festivo (coa particularidade de que cando un festivo cae por semana, e esa semana cadra en horario tarde-noite, librarase ó luns seguinte -para non ter que alterar turnos a outros axentes-), reagrupación de gardas en semana santa, para que o 50% dos axentes poidan disfrutar dos festivos unidos ó fin de semana, ter dereito a como mínimo 48 horas continuadas de libranza cada semana, etc.

 

O modelo, igual para tódolos Distritos de Galicia, e nos que se integrarán os Axentes de Conservación, quedouse en remitir, por parte da Consellería, a tódolos Distritos o día 23 de decembro, para que se axusten a él.

 

No vindeiro mes de xaneiro, ou principios de febreiro, manterase unha nova reunión da Comisión de seguimento, para evaluar os posibles problemas xurdidos como consecuencia da aplicación dos horarios, e, se é o caso, corrixilos, pero sempre cumplindo o acordo pactado.

 
En canto ó tema da integración, o que se dixo foi que ésta sería “progresiva”, en todo caso. Tamén estarase pendente deste tema, pola súa complexidade. {jcomments off}
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies