Reunión da Comisión de seguimento do Acordo (25 de febreiro de 2005)

 

O pasado venres, día 25 de febreiro de 2005, reuníuse en Santiago a Comisión de seguimento do acordo, reunión que fora solicitada de xeito reiterado pola Plataforma Sindical, así como de xeito independente pol algúns dos sindicatos. Procuraremos ser breves e claros.

 

Ainda que o tema estrela do día eran as irregulidades na aplicación dos cadrantes horarios e no proceso de integración, de entrada a Subdirectora Xeral de Persoal se afanou en explicar os motivos dos retrasos xurdidos nalgunhas das cuestións pactadas no acordo, afirmando que por parte da Consellería todo o que tiñan que facer estaba feito e todo estaba agora en mans de Función pública (atribuíndo os retrasos no que lle compete ó nomeamento dunha nova Directora Xeral da Función Pública), nos obligados trámites parlamentarios, coa novedade do plantexamento dunha nova enmenda á Lei 2/2000 -actualmente no Parlamento para a súa tramitación polo trámite de urxencia-, para retrasa-la data de remate do vindeiro proceso de integración ata xuño de 2009, e así poder dar oportunidade de participar ós funcionarios de nova posesión que non reunen os requisitos de antigüidade, e na convocatoria por parte de Función Pública da Mesa Xeral de funcionarios, que está a sufrir retrasos polos novos nomeamentos.

 

A este respecto, pideuse o consenso da Plataforma a tal retraso na convocatoria, e dito consenso foi positivo, dando como prazo máximo dous meses, prazo que se entende máis que suficiente para que esté rematada a vía parlamentaria coa incorporación da nova enmenda. Se nese prazo non estivese modificada a Lei 2/2000, deberán publicar de xeito inmediato a convocatoria do concurso-oposición para o acceso ó grupo “C”, garantindo unha convocatoria complementaria no momento en que sexan aprobadas as modificacións á nova Lei de creación da Escala de axentes facultativos ambientáis, para que ninguén dos actualmente funcionarios de carreira queden fóra deste proceso por cuestións de antigüidade.

 

En canto ó complemento específico, é casi seguro que, por cuestións de trámites, non se percibirá ata abril do presente ano, ainda que a Consellería en principio falou de febreiro, incluso sabendo que en febreiro non ía a ser posible . Iso sí, percibirase con carácter retroactivo, neso non existe salvedade algunha, dende o 1 de Xaneiro do presente ano.

 

En canto ó concurso de traslados, a resposta foi taxante: non está nas súas mans, senon en función pública, e co nomeamento da nova Directora Xeral, etc. En resumen, polas informacións de que dispón a Asociación haberá que agardar ata que pase o verán, poñamos, por exemplo: o mes de outubro.

 

Con respecto a aplicación dos novos cadrantes horarios, recriminóuselles o incumplimento do acordado en certos puntos concretos: a non adecuada compensación das gardas en festivos, o feito de que en certos Distritos os Axentes Territoriais estén excluidos das quendas e gardas de noite, e incluso de tarde, o feito de que en certos Distritos apenas haia 1 Axente por comarca para cubri-las tardes, o feito grave de que sigan a entrega-los cadrantes mes a mes -nalgúns Distritos a data de hoxe, 27 de febreiro, todavía hai Axentes que non teñen o horario do vindeiro mes de marzo-, o feito da non inclusión nos cadrantes nalgúns Distritos dos Axentes de Conservación, ou dos parques, ou dos diversos centros, etc, o feito de que, por mala fe do Xefe de Distrito, chegue a haber ata 11 horarios distintos de entrada (exemplo: o XIX), ou 6 (exemplo: o XVI, XVII e XVIII), etc.

 

Acordouse entregar, por parte da Plataforma, e antes do mércores día 2 de marzo, un resumo das anormalidades detectadas na aplicación dos cadrantes según Distritos, para, conforme a eso, buscarlle solución ó tema, se supón, xa que según a Consellería as noticias que tiñan dos Xefes provincias e Xefes de Distrito era que non se estaban a producir anormalidades.

 

Falouse, xa máis por riba, pois deberán tratarse noutras reunións da Comisión convocadas ó respecto, doutros temas como o da centralización dos vehículos (exemplo: Distritos XIV e XV) sen dispor de taquillas nin duchas, o malestar do colectivo pola sucesión de retrasos e anormalidades na aplicación do acordo, a falla de vehículos e o seu mal reparto, a desviación do persoal e dos medios hacia Incendios, co consecuente abandono das funcións propias de Conservación, etc.

 

Todos sabemos o que pensa o colectivo: que irán retrasando as cousas ata o verán, e despois do verán xa veñen as eleccións e logo toca lavarse as mans. Ocorre que ás veces é máis longo o camiño dos xulgados que o de dar un último marxe de tempo para que as cousas acaben no seu sitio de xeito definitivo antes de escomezar de novo coa batalla da prensa e demáis medios, as convocatorias de asembleas para inicia-las movilizacións, etc. Tomemos os prazos antes expostos como prazos definitivos. Que espabile a nova Directora Xeral de Función Pública, que espabile a Mesa Xeral e que espabile o Parlamento. {jcomments off}
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies