Reunión da Comisión de seguimento do Acordo (25 de novembro de 2004)

 

Como puntos centrais tratouse:

– De que o acordo non se publique como unha orde da Consellería, senón coma un acordo entre a parte Sindical e a Administración (variar o formato do acordo).

– Da urxencia da entrega dos modelos dos horarios para os vindeiros anos. O Director Xeral afirmou que está pendente dunha reunión cos Delegados provinciais, Xefes de Servizo, etc, para que a súa aplicación non ofreza dúbidas e sexa de xeito uniforme (posiblemente o vindeiro 30 de novembro).

– Da fase de concurso: os funcionarios que ocupen postos de carácter definitivo manterán os seus postos no novo grupo “C”. Por outra banda, tan só poderán presentarse ó primeiro proceso de integración, debido a imposibilidade de botar man ás modificacións da Lei de acompañamento, os Axentes forestais que fosen funcionarios de carreira no momento de publicación da Lei 2/2000, o cal non quita que todos dispoñan de dúas convocatorias de acceso ata decembro de 2008.

– As 551 prazas de Axentes pasarán a catalogarse como C-D, pero tan só 547 terán dereito á percepción do complemento específico (exceptúanse as 4 prazas de Axentes de Lourizán, por non estar integradas nos Distritos e nas súas especiais circunstancias).

– O temario ordenarase por módulos, e sufrirá poucas variacións, xa que a convocatoria para o grupo “C” requiere un mínimo de responsabilidade.

– Falouse da orde de identificación, e do seu texto como “Axentes Forestais”, en lugar de Axentes Mediambientais. Contestóusenos que polo momento aínda estamos a ser Axentes Forestais, e que pasará algún tempo ata que se extinga a escala. Cando se xeneren Axentes Mediambientais, terán a súa correspondente identificación como tales. Eso se nos dixo.

– Con respecto a MUFACE, ábrense novas alternativas: pasar ó grupo “C” e declararse en excedencia para seguir en activo no “D” ?????. Dende a Asociación o Asesor Xurídico está a tratalo tema, e no que leva indagado deduce que o cambio de escala nun corpo non pode implicar obrigatoriamente a perda do MUFACE, así que, chegado o momento, se se produce unha “obritatoria” perda do mesmo, os asociados de APRAFOGA poderán botar man da Asesoría Xurídica para reconducir o enturato e levalo a bo fin.

– Haberá unha nova oposición para o grupo “D”.

– Entregóusenos o borrador do anteproxecto de Lei polo que se modifica a Lei 2/2000, de 21 de decembro, pola que se crea a escala de Axentes Facultativos Medioambientais da Xunta de Galicia.{jcomments off}
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies