Reunión da Plataforma sindical (07 de decembro de 2005)

 

Resultado final: Decidiuse remitir a seguinte solicitude de reunión ós actuais representantes das consellerías, dada a súa reticencia e falta de iniciativa para convocar ós Sindicatos e Asociación co gallo de manter informado ó colectivo do que pensan facer con nós (en todo caso, non será o mesmo o que pensen facer que o que poidan facer):

 

Ante a actual situación de indefinición que afecta ó colectivo de Axentes Forestais de Galicia, e o incumplimento reiterado do acordo asinado con data 24 de xuño de 2004 entre a Administración e as Centrais Sindicais,

 

·         Modificación polo trámite de urxencia da disposicióin transitoria da Lei 2/2000.

·         Celebración do primeiro proceso selectivo para a integración na escala de Axentes Facultativos Medioambientas (compre lembrar que a convocatoria das probas selectivas foi a do 1 de abril de 2005 -Orde do 22 de marzo-).

·         Integración efectiva do colectivo de Axentes Forestais nos Distritos Ambientais e establecemento dos requisitos e condicións da especialización.

·         Constitución efectiva da Comisión de Seguimento do Acordo.

·         Estudo dos riscos inherentes ós postos de traballo (saúde laboral).

 

Así como ante o incumplimento doutras promesas formuladas na propia mesa de negociación (convocatoria de 100 novas prazas do grupo “D”, intermediación para que os Axentes que disfruten do MUFACE poidan mantelo unha vez se acceda ó grupo “C”, etc), ou as propias formuladas polos actuais Secretarios Xerais das Consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente en data 28 de setembro de 2005: “O acordo asinado executarase”, “ós Axentes que ocupan postos provisionais ofertaránselles a totalidade das prazas vacantes”, “a Mesa de negociación manterase aberta e terá carácter único”, “en breve prazo convocarase á Comisión de Seguimento do acordo, con representantes da consellería de Presidencia”…), e ante a presión insostible a que se ven sometidos os representantes do colectivo de Axentes Forestais, e o vacío xerado pola propia Administración, e en previsión de non verse abocados a adoptar medidas de forza de carácter inmediato por ninguén desexadas, os representantes da Plataforma Sindical solicitan a convocatoria “urxente” dunha reunión cos representantes das Consellerías de Medio ambiente, Medio Rural e Presidencia, para que lle sexa clarexada de xeito convincente a actual situación de indefinición, parálise e desconcerto que padece o colectivo, urxindo a que sexan resoltos os puntos pendentes do acordo vixente entre Administración e Sindicatos.{jcomments off}
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies