Reunión da Plataforma sindical (28 de xaneiro de 2005)

 

Con motivo das irregularidades detectadas na aplicación do Acordo, a Plataforma Sindical reuniuse en Santiago o venres 28 de decembro, para analizar temas como os novos cadrantes horarios, o acceso ó Grupo “C” e a integración nos Distritos, fundamentalmente.

 

Como consecuencia desta reunión, decideuse remitir ó Secretario Xeral a solicitude dunha reunión urxente da Comisión de Seguimento, co obxecto de subsanar as anormalidades detectadas nos distintos Distritos, e evitar que se repitan estas situacións de descoordinación e incumplimento.

 

Asimesmo, proximamente reunirase a Xunta Directiva da Asociación Profesional para decidir as actuacións concretas ó efecto de facer cumpli-lo acordado coa Plataforma Sindical.

 

A continuación transcribimo-lo texto da solicitude rexistrada en Presidencia:

 

As organizacións sindicais CC.OO., CIG, CSI-CSIF e UGT, en representanción dos Axentes Forestais de Galicia, por medio do presente escrito,

 

EXPOÑEN:

 

Que nos horarios establecidos dende as xefaturas dos Distritos Ambientais non se está respectando o disposto no Regulamento da Escala de Axentes Forestais (Decreto 293/1997) nin o acordado entre a Consellería e as Organizacións Sindicais en data 24 de xuño de 2004, en canto á prestación de servizos, horarios, quendas, etc.

 

Resulta preocupante a interpretación e a aplicación que se estó a realizar dos cadrantes horarios: distintas aplicacións e interpretacións en cada un dos 19 Distritos Ambientais, sen coordinación nin criterios que unifiquen as condicións laborais dos Axentes Forestais dos distintos servizos/centros de traballo.

 

A organización das gardas e das quendas séguese a facer de xeito irregular, polo que a Plataforma Sindical de Axentes Forestais esixe unha urxente correción da actual situación de incumplimento e descoordinación, debéndose dictar, por parte da Consellería, as directrices claras e necesarias a efectos dunha correcta aplicación do regulamentado e do acordado.

 

Asemade, consideramos que a integración nos Distritos do Servizo de Conservación estase a facer de igual xeito: descoordinado e sen directrices claras e unificadas para os 19 Distritos Ambientais, situación que igualmente é necesario corrixir de xeito inmediato.

 

Tamén subliñamos a nosa total disconformidade co incumplimento do acordado en canto á convocatoria, antes do 31 de decembro de 2004, do primeiro concurso oposición para o acceso ó grupo “C”.

 

Pola urxencia dos temas expostos, SOLICITAMOS a convocatoria urxente da Comisión de Seguimento e Estudio da Escala de Axentes Forestais, para analizar, supervisar e garantir o cumplimento do acordado coas Organizacións Sindicais, suxeríndolle á Consellería que dita reunión se faga con tempo suficiente para tratar, como mínimo, os temas indicados.

 

 

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2005

 

 

 

SR. SECRETARIO XERAL
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE. San Lázaro-Santiago de Compostela.{jco
mments off}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies