Reunión da Plataforma sindical, Santiago de Compostela, 04 de marzo de 2005)
Con motivo de analizar as consecuencias da reunión coa Administración na Comisión de Seguimento do Acordo, en data 25 de febreiro de 2005, reuníuse en Santiago a Plataforma Sindical de Axentes Forestais. Por motivos obvios non se positivan as conclusións acadadas en canto ás medidas de forza que poidan adoptar os Sindicatos, ben de xeito conxunto ben de xeito individual, de xeito inmediato, excepto a decisión unánime de que o Acordo sexa respetado e levado a efecto no prazo máximo do presente mes de marzo, considerando que é tempo máis que suficiente.
A continuación reproducimos integramente o texto de solicitude de reunión urxente co Conselleiro para forzalo a que dé as ordes precisas para que definitivamente sexa efectivo o Acordo nos seus distintos apartados.
PLATAFORMA SINDICAL DE AXENTES FORESTAIS
Dada a situación actual de incumplimento do Acordo sobre condicións de traballo e carreira profesional do persoal da escala de Axentes Forestais, asinado polos representantes da Consellería de Medio Ambiente e as organizacións sindicais da Plataforma Sindical, CCOO, CSI-CSIF, CIG e UGT, con data 24 de xuño de 2004, e a concurrencia de situacións de evidente mala fé á hora de interpretar os actuáis cadrantes horarios,
EXPOÑEMOS:
Como incumplimentos reais do mencionado Acordo os seguintes puntos básicos de trascendental importancia para o colectivo que representamos:
· A convocatoria no ano 2004 do primeiro concurso-oposición para o acceso á escala de Axentes Facultativos Medioambientais.
· A concreción dos requisitos e condicións necesarias inherentes á existencia de persoal cunha certa especialización, que deberían quedar establecidos no ano 2004.
· Os cadros de servizos dos periodos ordinario e extraordinario serán de carácter anual, e deberán quedar establecidos no último trimestre do ano anterior.
· A partir do 1 de xaneiro de 2004, o persoal da escala deberá percibir a seguinte retribución complementaria do complemento específico: 360 euros mensuáis, a percibir en 12 mensualidades.
Con respecto ós apartados expostos do Acordo, esiximos que sexan levados a efecto ó máis tardar no presente mes de marzo de 2005.
Asimesmo, manifestamos a nosa disconformidade en materia de organización por parte da Consellería dos oportunos cursos de formación e perfeccionamento, así como a asunción do estudo dos riscos inherentes ó desempeño dos postos de traballo dos Axentes Forestais, como así consta no Acordo, así como asuntos puntuáis como a centralización de vehículos en determinados Distritos sen as preceptivas instalacións, a existencia de vehículos non aptos para o desempeño das nosas funcións e o irregular reparto e compartición de vehículos, a carencia de uniforme e incluso de roupa algunha de traballo que afecta a parte do colectivo, e a carencia da pertinente acreditación como Axentes de Autoridade, nun Corpo creado hai máis de 125 anos.
Por último, manifestamos a nosa disconformidade coas ausencias de certos representantes da Consellería nas últimas reunións da Comisión de Seguimento.
Por todo elo,
SOLICITAMOS:
Unha reunión de carácter urxente do Sr. Conselleiro coas organizacións sindicais que conforman a Plataforma Sindical de Axentes Forestais, con motivo de expoñerlle a nosa postura con respecto ó incumplimento do Acordo asinado, constatando que en caso contrario adoptaremos as medidas que estimemos oportunas.