Roteiro pola Serra de San Mamede-Bidueiral e magosto (13 de novembro)

Serra de San Mamede

Roteiro interpretativo pola Serra de San Mamede e o Bidueiral “Montederramo”. Sairemos ás 10 da mañá do Albergue das Corcerizas ata a Fonte do Santo (nascente do Río Arnoia), cúmio da serra-Capela do San Mamede (1618 metros) con vistas ás montañas máis altas de Galicia, serras de Portugal, Val do Limia, Val de Monterrei, Terra de Caldelas…baixaremos ata o Bidueiral (unha das épocas do ano onde esta fraga de alta montaña está máis bonita) pasearemos polo Bidueiral e voltaremos polo camiño que leva a Peneda da Lebre (vistas do Val do Medo-Maceda, Cabeza de Meda, serras do Faro, A Martiñá, A Madanela, Faro de Avión, Val do Sil, Val do Miño…).

Percorrido total 16-20 quilómetros  

Ao longo da xornada realizaremos un obradoiro de cartografía-orientación. Plantaremos árbores nunha zona degradada, faremos a interpretación dos ecosistemas que acubilla a serra de San Mamede…

Á noitiña magosto no Albergue das Corcerizas

PREZO non socios 10 Euros (autobús, actividades e máis magosto)

Máis información en cada unha das asociacións, en Amigos da Terra 988 374318 ou na páxina ascorcerizas.com (apuntarse antes do día 10 de novembro).

De Ourense sairá un autobús ás 9 da mañá desde o Parque San Lázaro

ORGANIZA: Amigos da Terra, C.D.R. EIRADA de Parada de Outeiro, Asoc. Veciñal SAN BREIXO de Seixalbo.

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies