Se o lume non acaba cos Axentes forestais e medioambientais farao a Dirección Xeral de Montes (18-10-11)

Onte dous delegados de CCOO desprazáronse ata Santiago para trasladarlle á Dirección Xeral de Montes o malestar do colectivo deAxentes Forestais/Medioambientais e a nosa preocupación polo que está a suceder en toda Galicia e sobre todo en Ourense coa vaga de lumes.

Recibiunos o subdirector de incendios, posto que o Director Xeral non estaba, e fixémoslle saber da irritación do colectivo polo número de horas que se estaba a facer, e os riscos que isto conleva. Tamén se lle o agravio comparativo que fixeran ao convocar aos representantes dos técnicos para negociar unha solución a esta oleada de lumes pero non convocar aos representantes dos axentes, e máis tendo en conta que esta situación dos Axentes ven motivado porque o acordo que temos está caducado e non recolle este tipo de situacións. O argumento que nos deu é que os técnicos traballan de mañá e os axentes cobren case as vintecatro horas, por iso nun principio non había nada que tratar porque nós xa cubríamos case todo o día. A pesares de que recoñeceu que foi un defecto de forma non convocarnos para falar do tema, posto que de seguro que contaban con lumes pero non esta salvaxada, e creron que lles ían a chegar os axentes de sobra, é dicir UNHA NULA PLANIFICACIÓN E PREVISIÓN, acolléndose coma sempre á boa sorte e a que chovese antes de que viñesen mal dadas. O que si nos recoñeceu é que o noso acordo está obsoleto en determinados temas e que había que renovalo para estabilizar algunhas cuestións coma a destes días, pero nin se pronuncian sobre a proposta (non económica) que se lles fixo hai case dous anos e que dende entón nunca nos chamaran nin tan sequera para falar. Tamén lle comentamos qué pensaban facer coas horas que fixera a xente de máis e nos comentou que as ían a contabilizar para compensalas, o que non nos dixo é como. Díxonos tamén que consideraba aos axentes parte fundamental do dispositivo e que estaban moi contentos co comportamento destes días, pero lle respostamos que para ternos
tanto aprecio non o demostraban.

O que lles pedimos foi que cando se plantexan situacións deste tipo se nos convoque para buscar unha solución sempre negociada cos representantes dos traballadores igual que fixeron cos técnicos.

Aproveitamos para facer xestións acerca da situación na que se atopaban outros temas como o pase ó grupo C1, as acreditacións, o vestiario do persoal de Conservación, pero os avances nestes foron moi poucos.

 

Para máis información: contactar con Alvite, Alejandro ou Chema.
Sección Sindical Axentes Forestais/Medioambientais

{xtypo_feed}Orixinal{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies