Sentenza sobre trienios

 

Unha sentenza gañada pola CIG obriga a pagar os trienios polos servizos prestados como persoal interino con anterioridade a maio de 2007
 
Que dí a sentenza?
 
Que a Consellaría  de Educación ten a obriga de pagarlle os trienios ao persoal que interino non só con posterioridade á publicación do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP), como está facendo na actualidade, senón tamén os trienios dos anos anteriores. Tamén obriga á Consellaría a pagar os xuros correspondentes desde a data en que se interpón a demanda.
 
Que efectos vai ter a sentenza?
 
A sentenza supón que o persoal interino, se está baixo a xurisdición dos xulgados do Contencioso-administrativo con sede na Coruña,  poderá acollerse a esta sentenza ou, noutro caso, usala como fundamento xurídico para conseguir unha sentenza idéntica e así poder cobrar os trienios correspondentes aos cinco anos anteriores desde o día en que presente o recurso.
A xeito de exemplo: unha funcionaria reclamará no mes de maio de 2009 os trienios desde maio de 2004 (tope máximo de 5 anos que sinala a sentenza). En realidade estará a reclamar os trienios de 3 anos (de maio de 2004 a maio de 2007), xa que desde esta data xa os paga a súa Consellaría por aplicación do EBEP . Se esta funcionaria tivese traballado 6 anos como interina antes de maio de 2007, estaría a reclamar o valor de 2 trienios durante 36 meses.
 
Quen pode reclamar?
 
Calquera persoa que tivese traballado un mínimo de 3 anos (1 trienio completo) con anterioridade ao 13 de maio de 2007.
 
Que hai que facer?
 
Pasar por calquera local da CIG-Administración Pública e solicitar toda a información precisa.
 
 
 
 
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies