Solicitude de entrega dos uniformes
 
 
 

Estimado Sr. Director Xeral, o motivo do presente escrito é mostrarlle o noso agradecemento pola axuda recibida para a asistencia o I Congresso Ibérico de Vixiantes da Natureza, Axentes Forestais e Medioambientais celebrado en Portugal.

 

Por outra banda querémoslle facer unha solicitude, despois do I Congresso chegouse a varias conclusións, unha delas é que en moitas partes do mundo existen gardaparques, axentes forestais, axentes medioambientais e rangers que están a facer o seu traballo nunhas condicións moi precarias tanto no ámbito salarial como no ámbito material.

 

Ós Axentes Forestais e Medioambientais galegos váiselle facer entrega dun novo uniforme nun curto espacio de tempo e a proposta da Asociación Profesional de Axentes Forestais de Galiza é que cando se faga entrega da nova dotación haxa que devolver a anterior. Desta maneira evitarase no posible a mestura dos distintos uniformes, pero o máis importante sería que estes doaríanse ós compañeiros que en verdade os necesitan. Esta doazón faríase a través de APRAFOGA, Asociación Profesional de Axentes Forestais de Galicia, AEAFMA, Asociación Española de Agentes Forestales y Medioambientales e a IRF, International Rangers Federation.

 

 

Esperamos que a proposta anterior sexa do seu agrado e si é así que poña en marcha os distintos mecanismos para a recollida dos uniformes usados cando se faga entrega dos novos.

 

Atentamente

O Presidente de APRAFOGA

 

 

Miguel García Fernández

 

 

 

Sr. Director Xeral de Conservación da Natureza
Complexo Administrativo – San Lázaro s/n
15781 – Santiago de Compostela{jcomments off}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies