Solicitude de entrevista

 

O colectivo das escalas de Axentes forestais e Axentes facultativos medioambientais, funcionarios/as da Xunta de Galicia, dende os seus representantes pertencentes ás organizacións sindicais asinantes, solicitan unha entrevista con D. Alberto Núñez Feijoo ou coa persoa ou persoas que desine, responsable/eis en materia de montes e medio ambiente, xa que como profesionais implicados na xestión, conservación e vixilancia do medo natural, estamos interesados en coñecer as previsións do novo Goberno nestas materias, que son as tarefas do noso traballo diario.
 
As principais cuestións que nesta entrevista quixeramos saber, son as relacionadas coa futura estrutura administrativa da Xunta de Galicia, onde se encadren os apartados obxecto das nosas competencias e a organización das escalas referenciadas.
 
 
 
Agardando a súa contestación, polas organizacións sindicais:
 
 
CC.OO.                                                               UGT                                                                    CIG
 
 
 
 
Grupo parlamentario do partido popular de Galicia.
Parlamento de Galicia
Rúa do Hórreo 63
15702 – Santiago de Compostela
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies