Solicitude de xuntanza para a convocatoria de acceso ó grupo C
José Francisco Núñez, Secretario nacional sector autonómica da federación de aervizos públicos de UGT Galicia.
Ó amparo do disposto no artigo 20 da Lei 4/1998, do 26 de maio, da función pública de Galicia, dentro do corpo de axudantes facultativos da Xunta, grupo C, créase a escala de Axente facultativos medioambientais da Xunta de Galicia, segundo a Lei 2/2000, do 21 de decembro.
A disposición transitoria única da Lei 2/2000, establece que o persoal funcionario de carreira pertencente á escala de Axentes forestais do corpo de auxiliares facultativos da Xunta de Galicia, poderán integrarse na nova escala mediante a convocatoria, como máximo de dous procesos selectivos.
A Lei 15/2006, do 27 de decembro, pola que se modifica a Lei 2/2000, do 21 de decembro, pola que se crea a escala de Axentes facultativos medioambientais da Xunta de Galicia, establece na súa disposición transitoria primeira, que a Xunta de Galicia convocará un máximo de dous procesos selectivos de promoción que lle permita acceder á escala de Axentes facultativos medioambientais ó persoal que, sendo funcionario nese momento, os supere, e establece como límite temporal para esta convocatoria por este sistema o 01 de xullo de 2009.
Por todo isto SOLICITAMOS que, co obxecto de cumprir os prazos legalmente establecidos, coa maior brevidade posible se convoque á nosa OO.SS. para a negociación das bases da convocatoria para o proceso selectivo para o paso da escala de Axentes forestais, grupo C2, á escala de Axentes facultativos medioambientais, grupo C1.
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2009
José Francisco Núñez Rodríguez
Sº Nacional FSP-UGT Galicia
Sº Nacional FSP-UGT Galicia
DIRECCIÓN XERAL DA FUNCIÓN PÚBLICA
CONSELLERÍA DE FACENDA
Edificio administrativo de San Caetano
Santiago de Compostela
CONSELLERÍA DE FACENDA
Edificio administrativo de San Caetano
Santiago de Compostela