Solicitude de xuntanza da mesa de negociación

 
As organizacións sindicais de CC.OO. e UGT, en representación dos Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia, por medio do presente escrito,
 
EXPOÑEN:
 
Que os asinantes deste escrito consideramos que o diálogo e a negociación son a mellor maneira de buscar solucións ós problemas que actualmente sofren os Axentes Forestais e Medioambientais.
 
Que a pesar da insistencia pola nosa parte en tentar acadar unha solución ó conflito xerado pola caducidade do Acordo asinado no ano 2004 podemos confirmar que, o proceso de negociación está paralizado dende outubro de 2008, e que a proposta da Consellería, presentada ata de agora, non satisfai en nada as pretensións do colectivo de Axentes Forestais e Medioambientais.

 
Por todo elo, é que lle, SOLICITAMOS:
 
Que proceda a dar as oportunas instrucións para que sexa convocada urxentemente a mesa de negociación para os colectivos de Axentes Forestais e Facultativos Medioambientais.
 
Esperando a súa pronta contestación, reciba un cordial saúdo.
 
Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2009
 
 
CC.OO. Alejandro Rodríguez Pazos                                                              UGT José Luis Espiñeira Lage
 
 
SRA. DIRECTORA XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
San Caetano – Santiago de Compostela.

 

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies