Solicitude de xuntanza da mesa negociadora
 
 
 

Estimado Director Xeral:

Dende esta Asociación Profesional de Axentes Forestais de Galicia, non quixeramos comezar as nosas propostas e peticións deste novo ano, sen antes manifestarlle o noso desexo dun Bo Nadal e dunha fartura inigualable de Prosperidade para as vindeiras cincuenta e dúas semanas do 2008.

Sobradamente coñecen vostedes a situación do colectivo ó remate do ano 2007, daquelas promesas de reunións para solucionalos problemas pendentes logo da época do verán, polo que levantaron Acta cos nosos representantes sindicais o 12 de xullo de 2007, unicamente se rematou o máis sinxelo (poñer no Grupo C á xente que facía máis dun ano superara a proba pertinente, dos que ademais os requisitos económicos xa estaban hai tempo aprobados), das outras cuestións non se avanzou nada, e entre elas están algunhas moi sinxelas como son:

  • Convocatoria para o Grupo C ós compañeiros pendentes, que cumpren os principais requisitos da Lei 2/2000 e das súas reformas.
  • O Uniforme; xa de sobra saben que o colectivo quere uniforme único, exclusivo dos Axentes Forestais / Medioambientais, de calidade e non de cantidade, etc. 

 

Das outras cuestións, sen dúbida máis espiñentas como o Acordo económico (Orde de horarios), o Armamento, os Vehículos propios da Escala (rotulados, etc.); e inclusive, a incorporación dos 100 novos Axentes Forestais que superaron a convocatoria, e que tanta falta fan nos seus postos para completar as vacantes das RPT´s e reorganizar o desproporcionado reparto que hoxe en día sufre o colectivo. Destes asuntos, sentimos manifestarlle que a súa lentitude ou parálise para abordalos lémbranos a outras épocas.

 

É por elo, que vémonos na obriga de comunicarlles que empezamos unha andadura sen camiño, e o que é peor, sen proxecto. Non hai Regulamento para o Grupo C, non hai Acordo económico para o 2008 e vindeiros, e segundo manifesto dos nosos representantes sindicais non hai vontade na Administración para solucionar as deficiencias económicas senón que, a súa intención, é a prorroga do Acordo e dos cartos.

 

Dende esta Asociación, tamén sabemos que os Acordos levan o seu tempo e traballo de negociación. Pero que, non estamos dispostos a seguir traballando no 2008 percibindo as escasas retribucións pactadas no 2005, por consideralas inxustas e inclusive ilegais no caso de 12 h. de garda de presenza física; aínda máis, logo da caducidade do Acordo por moito que se pretenda a súa prorroga unilateral.

 

APRAFOGA xa presentou no seu día un escrito sobre a suposta situación que se aveciñaba, para que vostedes como responsables da Admón. chamaran á solución ós nosos representantes sindicais; pero, este traballo non se fixo, e agora nas primeiras semanas de 2008 compre apurarse para saír ó paso desta incerteza.

 

Polo exposto, esiximos do seu departamento se convoque a reunión pertinente da mesa negociadora do noso colectivo, como principal cuestión da orde do día o Acordo económico.

 

Sen outra nova, reciba unha cordial aperta.
O PRESIDENTE.

 

 

Miguel García Fernández{jcomments off}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies