Solicitude xuntanza da mesa de negociación

José Francisco Núñez Rodríguez, como Secretario nacional do sector de Autonómica da Federación de Servizos Públicos de UGT Galicia.

O pasado 27 de novembro de 2009 celebrouse unha xuntanza dos representantes da Consellería do Medio Rural cos sindicatos con representación na Xunta de Galicia para tratar o tema da renovación do acordo de condicións de traballo para o persoal das escalas de axentes forestais e axentes facultativos medioambientais.

Acordouse constituir esta xuntanza como mesa de negociación, dando inicio así a unha serie de encontros para a negociación do devandito acordo, nembargantes dende a sinalada data non se nos volveu a convocar.

Así mesmo os sindicatos quedamos en entregar as propostas para a renovación do acordo, propostas que xa se entregaron no mes de decembro.

Por todo isto solicitamos se nos convoque á maior brevedade posible para dar continuidade á mesa de negociación.

José Francisco Núñez Rodríguez
Sº. nacional sector Autonómica de FSP-UGT Galicia

Director Xeral de Conservación da Natureza
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras
San Lázaro – Santiago de Compostela

{jcomments on}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies