Consellería do Medio Rural
Sr. Conselleiro da Consellería do Medio Rural
Excmo. Sr. Conselleiro do Medio Rural, é sabido que coñece vostede o colectivo de Axentes Forestais de Galicia así coma a súa traxectoria ó longo de máis dun cento de anos de historia. E seguramente coñecerá tamén as forzas sindicais representantes desta Escala de funcionarios. Pero, do que non temos constancia é de que coñeza a esta Asociación Profesional de Axentes Forestais de Galiza “APRAFOGA”.
Esta Asociación que nace directamente da man dos axentes alá polo ano 19994, ten como principal encomenda a defensa dos intereses tanto colectivos como individuais. Intereses reflectidos e numerados nos Art. 4º dos seus Estatutos.
Deste xeito, ó longo da nosa existencia vimos presentando ante as diferentes Consellerías e a través das respectivas Direccións Xerais das que orgánica e funcionalmente dependemos as nosas propostas, queixas ou alegacións a determinadas decisións que deberían corrixirse. E cando nada disto é posible temos que votar man das reclamacións. Habitualmente, son as citadas Direccións Xerais as receptoras desta documentación que falamos, e son elas coas que de xeito puntual viñamos mantendo reunións para valorar, debater, corrixir e mesmo achegar posturas sobre cuestións presentadas e impostas. Todo elo sen esquecernos dos legalmente autorizados para tomar acordos en representación do colectivo, “as Forzas Sindicais”.
O motivo desta carta, é precisamente o esquecemento que nos están a dar as Direccións Xerais de Montes e Conservación. O mesmo esquecemento que lles están a dar ás nosas forzas representativas. A pesares de ofrecerlle unha ampla documentación sobre asuntos concernentes ás Escalas de Axentes Forestais e Medioambientais respectivamente:
- Os procesos de integración, o necesario Regulamento do Grupo C, (Axentes Medioambientais con máis de 2 anos no Grupo C e sen Regulamento, Axentes cos requisitos cumpridos fai máis de 6 meses e sen tomar posesión no citado Grupo. E outros, cos requisitos de preparación cumpridos e totalmente desatendidos).
- A Orde de servizos e horarios extraordinarios caducada dende o 2009, (a Consellería continúa inerte, inmóbil e mesmo parece inútil. As forzas sindicais non se reciben, a ameaza da crise e da austeridade cérnese sobre o noso colectivo; outros en cambio fan o agosto coa que está caendo. Os presupostos de 2012 incluso prometen o pago de honorarios a EX-ALTOS CARGOS, nembargante diminúense en 20M. de € determinados a funcionarios. Neste senso, os Axentes forestais teñen que comer fóra da casa nas 12 horas de presenza física laboral e festiva ou de fin de semana. Ademais de sufrir os descontos salariais impostos polo Goberno do Estado para tódolos funcionarios, tamén se nos despreza e ignora polo Goberno Autonómico e obrígase a unha continuidade de xornadas horarias sen previo acordo, sen consenso de pago, da noite para a mañá, en definitiva ilegais).
- As necesarias Rpt´s por especialidades están no esquecemento (as dúas grandes especialidades existentes dende a Gardería Forestal do Estado, Montes e Caza e Pesca, parecen non servir de base á futura especialización dos Axentes Medioambientais. A pesares de que hai moitos funcionarios con máis de 20 anos nestas mesmas especialidades “distintas Rpt´s de traballo”; ofrecendo a profesionalidade deles esperada cando son requiridos, ignorando que en breve, serán tratados como nº. de cabezas e nunca como crotal de referencia).
- O desmantelamento de patrullas de Conservación da Natureza na época estival (As Rpt´s do Servizo de Conservación da Natureza parece a moeda de troco segundo conveña. Axente no verán para o lume: toda a patrulla non, aquí no SPDCIF querémolos de un en un. O Axente Zonal non porque non arde moito, se a situación chega a outro nivel tamén se activarán os Axentes Territoriais.
O que vai para incendios tamén ten que facer o traballo de Conservación, os Axentes Zonais tan só traballan repartindo os recados e papeis que traen os Axentes Territoriais, os Axentes Territoriais só teñen o traballo de levar papeis e traer recados, tamén atender o tlf. para transmitir máis recados.
Todos estes “Axentes” temos un mesmo Regulamento; con máis funcións e traballos o que máis soldo percibe Ax. Te., seguido de cara abaixo do Ax. Zo., rematando no Ax.. Casualidade pode ser; pero sería esporádica e non repetitiva, o que máis traballo carga ó lombo é o que menos soldo percibe, e así ano tras ano. Pero a cousa non remata aquí; agora co tema de tanto lume vamos a meterlle tamén o traballo e a responsabilidade de dirixir a extinción dun incendio, “non importa en que sitio, da o mesmo que un de Lugo teña que ir a Ourense, coma un de Pontevedra a Ourense, Coruña, etc…. o caso é que sexa un Ax. de Conservación da Natureza; porque como son poucos non teñen nin forza para queixarse; ademais con estas ordes so puteamos á metade, ¡… sen problemas …!”).
- A usurpación de funcións e de autoridade que o colectivo está a sufrir en favor do persoal laboral Grupo V cat. 9 (Celadores de 2ª – Vixiantes de Recursos Naturais).
Vixiantes que fan de Axente da autoridade, en vehículos rotulados e con uniformes semellantes, identificando cidadáns e denunciando supostas infraccións, facendo informes, levantando actas en vertidos i envelenamentos entre outras. Pola contra, Axentes forestais que son avisados para recoller un ave ou animal ferido e trasladalo ó Centro pertinente namentres os Celadores de 2ª – Vixiantes fan vixilancia dos recursos naturais, nunhas Provincias sí noutras non, nalgunhas incluso se lle encarga a vixilancia da desembocadura do río no mar, entre outras.
Sobre este asunto, Sr. Conselleiro, lembrarlle o marcado formato delituoso que son a usurpación de funcións públicas, a usurpación da autoridade e a intrusión, regulados no Capítulo V do Título XVIII do Libro II do Código Penal.
Castigados segundo os artigos 402 e 403 coa pena de prisión de un a tres anos. Ademais de cumprir cos requisitos esenciais requiridos para a apreciación deste delito:
- Exercicio de “actos propios dunha autoridade ou funcionario público”, aqueles comprendidos taxativamente na disposición legal ou regulamentaria que regula tales actos, ou tamén aqueles comprendidos na liña xeral e no contexto das atribucións conferidas á autoridade ou funcionario público, sen que sexa preciso que o que se usurpa sexa a función específica dun determinado cargo; bastando só con que, unha persoa se presente como axente sen selo, que execute actos correspondentes ós axentes (á súa Escala) sen ser preciso que se presente como axente.
- A atribución de carácter oficial. Significa isto que, quen así actúa ha de facer ver falsamente, con feitos capaces, ben manifestándoo verbalmente, ou dándoo a coñecer con capacidade bastante para enganar a unha persoa ou colectivo, que se ten carácter oficial para exercer os actos propios de
sa autoridade ou funcionario público (caso deste persoal laboral que falamos, roupa de traballo de verde, anagramas e distintivos semellantes, vehículos semellantes e rotulados, traballos de policía e custodia de cara ó cidadán).
- O exercicio de actos propios dunha profesión con ausencia do correspondente título, distinguíndose entre título académico e título oficial. Basta coa realización dun só acto illado, idóneo e peculiar da profesión invadida para tipificar a conduta.
É dicir, no caso deste persoal laboral que falamos haberá que contemplar a posibilidade dun concurso de delitos.
A pesares de que establece ademais o Código, un agravamento para o caso de que o culpable, se atribuíse publicamente a preparación profesional amparada polo título requirido, sendo a pena de prisión de seis meses a dous anos. E como falta contra o orden público, castígase no artigo 637, coa pena de arresto de un a cinco fins de semana ou multa de dez a trinta días, ó que se atribuíse publicamente a preparación profesional amparada por un título académico que non posúa.
Contando ademais a Dirección Xeral de Conservación da Natureza co Informe Facultativo do Letrado de Xunta de Galicia “Asesoría Xurídica” con data de 22 de marzo de 2010 e nº. de Rexistro de Saída 108, sobre a Instrución pola que establecen as funcións dos Celadores de 2ª/Vixiantes de Recursos Naturais.
- As Brigadas de Investigación de Incendios Forestais (as declaracións públicas dende a súa Consellería da inexistencia destas brigadas de Axentes, o seu desmantelamento encuberto en detrimento das especialidades dos Axentes i en definitiva da calidade da investigación das causas de incendio. A reiterada ignorancia sobre os Axentes forestais nos medios de comunicación, a pesares de ser os directores da extinción de tódolos incendios da nosa Comunidade. Reportaxes televisivas “Made in Galicia” sobre a loita contra o lume onde só un tenente de Alcalde aparece falando do trato e do traballo que desenvolve o Axente Forestal para co Concello. Mestúrase brigadas, cuadrillas, reténs, etc. co nome de “Axentes Forestais”.
Pola contra; cun ánimo desfavorecedor descoñecido ata o de hoxe e en detrimento das actuais Escalas de Axentes forestais e Axentes facultativos medioambientais, insístese en definir con claridade, investigación con Policía, vixilancia con Exército e extinción con UME e Bombeiros).
- O incumprimento dos cadrantes anuais “ordinarios e extraordinarios”, as 19 variantes de interpretación da Orde de horarios. A falla de previsión para establecer o período extraordinario do mes aleatorio en caso de incendios, a negativa a un incentivo a maiores por necesidades de continuidade do período de gardas por mor de situacións “máis extraordinarias”. A negativa das xornadas extraordinarias específicas para tempada de caza (máis doado de establecer que para a pesca), e igualmente para pesca unhas xornadas extraordinarias máis axeitadas para atender os brotes de afluencia no comezo de marzo, maio, nos meses de verán e nos horarios de reo (o furtivismo).
- A necesidade da credencial de identificación dun cento de Axentes, que estiveron case dous anos en destino provisional sen identificación e agora xa vai para outros dous de destino definitivo aínda non teñen a tarxeta identificadora de funcionario – axente da Autoridade- para a prestación dos servizos das súas tarefas habituais consonte á normativa vixente.
- A legalización e homologación do uniforme, a renovación de partes do mesmo, (deste apartado xa está todo dito, dende fai anos estamos esperando un uniforme “legal”. Arestora, o que colgamos nas costas non é máis que unha roupa, roupa “uniforme” de cara á galería; nembargante subliñar que, logo de aceptar que a calidade da roupa é necesaria para soportar as situacións meteorolóxicas que sufrimos, por fin podemos admitir que no tocante á calidade fíxose un esforzo.
De todos estes asuntos, Sr. Conselleiro, estamos á espera de ser convocados para celebrar as correspondentes reunións solicitadas reiteradas veces.
Igualmente, aproveitámola presente para manifestárllelo noso agrado da súa presenza na esperada xuntanza.
Reciba unha cordial aperta.
Pontevedra, 26 de outubro de 2011
O Presidente
Miguel García Fernández
{xtypo_feed}Orixinal{/xtypo_feed}
{jcomments on}