Subvencións para facilitar a autonomía persoal dirixidas a persoas en situación de dependencia (Orde do 1 de xullo de 2009, D.O.G. nº 142, do mércores 22 de xullo de 2009)
FINALIDADE
Axudas individuais en réxime de concorrencia competitiva, para persoas maiores, persoas con discapacidade e persoas en situación de dependencia empadroadas na CCAA de Galicia para colaborar en determinados gastos, para actuacións que se realicen no 2009 destinados a:
- Axudas técnicas ou productos de apoio para o normal desenvolvemento da vida diaria.
- Adaptacións funcionais do fogar e eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda.
- Adquisición de próteses dentais e audífonos.
REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS
- Persoas maiores de 65 anos que acrediten a necesidade dunha axuda que non estea incluída no ámbito doutras liñas de protección social ou sanitaria.
- Persoas con discapacidade menores de 65 anos cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%.
- Persoas que teñan recoñecida unha situación de dependencia nos seguintes graos e niveis: Grao III niveis 1 e 2 e Grao II niveis 1 e 2.
- Cada solicitante só poderá solicitar un tipo de axuda.
- Residir na CCAA de Galicia
- Que a renda per cápita da unidade familiar da que forma parte a/o solicitante non supere o 125% do IPREM (7.381,33€, incluíndo pagas extras). Cando a unidade familiar estea formada por dous membros o límite elevarase ao 150% do IPREM e cando estea formada por un só membro ata o 175% do IPREM.
- Non ter percibido nos dous últimos anos axudas para o mesmo fin, salvo excepcións (ver na orde)
CONTÍAS MÁXIMAS SUBVENCIONALBLES
- Adaptación funcional do fogar (máximo 3.000€) e supresión de barreiras arquitectónicas e de comunicación (máximo 3.000€).
- Adquisición de axudas técnicas ou productos de apoio (máximo 2.500€).
- Próteses dentais (máximo 500€)
- Audífonos (máximo 800€)
LUGAR DE PRESENTACIÓN E PRAZO DE SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse nos departamentos territoriais da Consellería de Traballo e Benestar ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 23 de agosto de 2009.
DOCUMENTACIÓN
- Anexo III desta orde.
- Fotocopia compulsada do DNI.
- Certificado do Padrón municipal comprensivo de todos os coniventes.
- Orzamento detallado do gasto a realizar.
- Declaración do imposto da renda da unidade familiar de convivencia así coma das pensións ou prestacións percibidas exentas de tributación. De non ter obriga de facer a declaración certificación negativa e xustificantes dos ingresos do solicitante e da totalidade dos membros da unidade familiar de convivencia.
- Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas
- para o mesmo fin (anexo III).
Secretaría de Política Social
Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia