UGT denuncia a irrespondabilidade da Consellería de Medio Rural pola falta de previsión e vulneración dos dereitos dos traballadores do SPDCIF
Dende a nosa organización queremos manifestar que a Consellería do Medio Rural está actuando con total irresponsabilidade, negativa o dialogo social, carente de consenso e falta de previsión con este colectivo integrado por persoal laboral (brigadas, vixiantes fixos, emisoristas, motobombistas) e persoal funcionario (axentes forestais e técnicos forestais).
Dende o 1 de Marzo que o actual equipo de goberno foi elixido democraticamente por a sociedade galega, en reiteradas ocasión solicitámoslle dende UGT que se nos convocara para traballar nas distintas comisións que se derivan dos acordos firmados coa administración (Comisión de seguimento do acordo do SPDCIF que figura no V Convenio Colectivo para o persoal laboral da Xunta de Galicia, Comisión de seguimento do acordo do colectivo dos axentes forestais e do acordo de técnicos forestais), a actitude da Administración foi nula fronte estes acordos legalmente establecidos.
A Administración está a actuar de forma unilateral, carente de consenso cos axentes sociais e incumprindo os acordos. Agora, co fin da tempada de Máximo risco establecida con data 30 de Setembro prolongase a situación de excepcionalidade, os traballadores somos conscientes do risco que os incendios teñen para a nosa sociedade, e dende a nosa profesionalide actuaremos en consecuencia dando o mellor de nos para evitar unha situación catastrófica que o nivel de risco actual pode xerar.
Despois de 7 meses de parálise por parte da Consellería do Medio Rural agora vulneran os dereitos dos traballadores incumprindo os acordos alcanzados e o V Convenio Colectivo cando so se reúne con CCOO e CSIF, inclusive para xantar, seguro que estes pastorcillos non sabían nada, agora diran que a Conselleria lles tiña engañado, canta mentira e demagoxia fan. Desde UGT esperamos que esta amistade co PP lle de aos traballadores vos acordos, SR. estamos impacientes.
Hai que salientar que a Consellería esgotou o período extraordinario cando coincidía con época de choivas cando ten posibilidade de adaptalo a climatoloxía.
Queremos denunciar publicamente a irresponsabilidade da Consellería do Medio Rural e súa falta de previsión, por iso dende UGT acudiremos a Inspección de traballo e a Xustiza se é necesario para reclamar os dereitos dos traballadores.
Pedímoslle a todos os traballadores que soliciten as súas correspondentes Xefaturas que lles faciliten o cambio de condicións de traballo por escrito para despois realizar a correspondente reclamación.