RAFAEL CUDEIRO, Axente Facultativo Medioambiental do DISTRITO XII, é o novo Secretario Xeral da Asociación Española de Axentes Forestais e Medioambientais (AEAFMA).

19 de outubro de 2014. O pasado día 19 celebrouse na localidade segoviana de Valsaín unha asemblea extraordinaria de AEAFMA para elexir unha nova xunta directiva. Case por unanimidade dos votos presentes e delegados, agás algunha abstención, foi elexida a candidatura encabezada por Luis Díaz Villaverde, actual presidente da asociación de Axentes Medioambientais de Castela e A Mancha, toledano de ascendencia galega  de Ponteareas, localidade que visita con regularidade. Como secretario xeral foi elexido Rafael Cudeiro, anterior vicepresidente de APRAFOGA, que desenrola a profesión na provincia de Ourense.

A composición da nova xunta directiva de AEAFMA queda conformada polos integrantes seguintes:

-Presidente: Luis Díaz. (Castela e A Mancha)

– Vicepresidente: Miguel de Pablo (Cataluña).

– Secretario: Rafael Cudeiro (Galicia).

– Tesoureiro: David de Mingo (Castela e A Mancha).

– Vogais: Esther Ruiz (Madrid), Ángel Fernández (Madrid),  Joaquín González (Murcia) e Alberto Esteban (Zaragoza).

Unha das primeiras iniciativas da nova xunta directiva é reunirse con tódolos grupos políticos para trasladarlles as necesidades do colectivo. Na súa axenda está a proposta dunha norma básica que regule as funcións, a estrutura e un itinerario formativo común da profesión no conxunto do Estado.

APRAFOGA deu o seu apoio a nova xunta de AEAFMA, máxime cando na nova xunta un dos seus membros ostenta un cargo tan importante como é o de Secretario Xeral.

Dende a Asociación galega tamén se agradece o esforzo e dedicación de tódolos membros da anterior xunta directiva.

 

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies