Un veciño do Burgo quéimase ao bonzo en Rutis
A Garda Civil confirmou que se trata dun caso de suicidio tras achar unha nota manuscrita do falecido, J.C.U., que empregou gasolina para prenderse lume
Os efectivos de Protección Civil de Culleredo e Axentes forestais de Medio Rural acudiron a sofocar as chamas do que creron era un simple incendio nun solar valeiro na parroquia cullerdense de Rutis. Con todo, ao iniciar os labores de extinción, acharon o corpo calcinado dun veciño da próxima parroquia do Burgo.
A Garda Civil confirmou que se trata dun caso de suicidio tras achar unha nota manuscrita do falecido, J.C.U., de ao redor de 70 anos. Informa tamén de que o falecido empregou gasolina para prenderse lume.
Xunto ao lugar do incidente atopouse un turismo -un Seat Panda branco- que, presumiblemente, pertencía ao falecido e que foi rexistrado pola Garda Civil e a Policía Local.
O home escolleu unha parcela valeira e con vexetación baixa, cercada pola autoestrada AP-9, o río Trabe, o campo de fútbol do Olímpico de Rutis e unha estrada municipal, polo que non había risco de que o incendio se propagase en exceso. Os efectivos de emerxencias sofocaron as chamas en menos dunha hora e calculan que a superficie queimada non alcanza a hectárea.
A densa fumareda que provocou o lume era visible desde a autoestrada e mesmo responsables do aeroporto de Alvedro puxéronse en contacto coas autoridades ante a posibilidade de que se propagase e dificultase a visibilidade nas operacións dos avións.
Seguimento municipal
Por parte do Concello de Culleredo, até a zona desprazouse a primeira tenente de alcalde, Raquel Jabares, para coñecer o alcance do suceso.
{xtypo_feed}La Opinión{/xtypo_feed}
{xtypo_feed}Fotos{/xtypo_feed}