Vixiar ou conxelar ratos?

Un marsupial acollido no Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe de Oleiros. A opinión.

O Superior declara inxustificado a repartición de tarefas no centro de fauna salvaxe

O xuíz estima en parte a demanda dunha empregada contratada como celadora e vixiante de recursos naturais, que denunciou que non lle correspondía atender o teléfono, levar a cabo labouras administrativas e de limpeza, nin realizar a eutanasia ou conxelar ratos e paspallás.

Cómo se conxugan as labouras de vixilancia e conservación dos recursos naturais con tarefas como a eutanasia e conxelación de roedores e aves?. Iso é o que alega unha celadora do Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe de Oleiros, que depende da Xunta, para esixir a modificación das súas condicións laborais. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) admitíu en parte as súas pretensións e decidíu declarar “inxustificada” a relación de funcións do persoal aprobada polo centro en maio de 2008.

Ese mesmo ano, a demandante interpuxo unha reclamación contra a devandita relación por entender que o seu contrato como celadora e vixiante de recursos naturais non debía incluír traballos como os de atender o teléfono; facer xestións administrativas; realizar a eutanasia a ratos e paspallás ou desinfectar, retirar alimentos e cambiar os papeis tanto das gaiolas postoperatorias como do parque de voo e das piscinas. Tampouco considera que deba ocuparse de retirar os restos dos colectores nin de baixar o lixo e os cartóns depositados nas zonas exteriores e nos almacéns.

A empregada esgotou a vía administrativa e acudíu aos tribunais e hai un ano, o Xulgado do Social número 4 da Coruña desestimou a súa demanda, polo que decidíu presentar un recurso de súplica ante o TSXG. Ante este órgano alegou que no seu caso se infrinxe o Estatuto dos Traballadores e o convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta, xa que considera que parte das tarefas que lle encomendaron son propias da categoría profesional de peón.

O convenio colectivo do centro define a categoría de celador 2º e vixiante de recursos naturais como “o persoal que ten ao seu cargo unha zona determinada, coa súa respectiva área de influencia, exercendo funcións de policía e custodia das súas riquezas naturais e as tarefas de conservación e mantemento que se requiran”. O texto tamén recolle que para esas labouras manexará vehículos cando así o demanden as necesidades do servizo. Por iso, o xuíz considera que do convenio se coligue que a actividade “esencial” da empregada é a execución de tarefas de garda, boa orde e custodia das riquezas naturais, así como de persistencia ou sostemento de tales bens, no Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe de Oleiros.

Sostén que o núcleo desas funcións é incompatible con outras incluídas na sentenza de maio de 2008, dirixidas ao funcionamento ordinario da empresa, como son a atención telefónica ou de tipo administrativo e outras contraditorias coas de conservación e mantemento, como a eutanasia e conxelación de certos roedores.

Así, o maxistrado destaca que para esas tarefas hai outras categorías profesionais máis idóneas, como son as de administrativo e veterinario. Considera, con todo, que á empregada sí lle corresponden as tarefas de limpeza ao ser “complemento necesario para a súa actividade de policía e custodia” e debido a “o seu encaixe na xeneralidade da expresión do convenio “mantemento / conservación”.

 

{xtypo_feed}A Opinión{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies