WWF clasifica as comunidades autónomas segundo o seu traballo na loita contra o veleno

Siete caballo vienen de Bonansaaaaa ♫♫♫

WWF avaliou recentemente a efectividade das medidas contra os cebos envelenados a través dun informe: “A loita contra o veleno en España. Clasificación por comunidades autónomas”.
A organización WWF realizou un seguimento do traballo das autonomías, clasificándoas segundo os resultados obtidos en 8 criterios: grao de desenvolvemento do seu plan rexional, dispoñibilidade de recursos económicos e humanos, normativa propia, especialización de axentes, transparencia informativa, resolucións exemplarizantes, sensibilización de grupos de risco e esforzos de vixilancia e prevención.

Conservar as poboacións españolas de voitre negro, alimoche, milano real, águia imperial ibérica ou quebrantaósos é sinónimo da súa conservación en Europa e no mundo. A súa presenza no resto do continente é xa testemuñal, debido principalmente ao uso continuado de velenos para eliminar carnívoros competidores do home pola caza ou a gandaría. Os cebos envelenados en España constitúen a maior ameaza para estas especies, tal e como WWF puxo de manifesto no seu informe de 2008 “O veleno en España” e como recoñeceu publicamente o Ministerio de Medio Ambiente.

A Estratexia Nacional contra o uso de cebos envelenados, que recentemente cumpriu 6 anos, busca impedir a extinción das últimas poboacións de voitres e grandes águias ibéricas. Non entanto, os seus resultados prácticos son escasos. Tan só en 2010 coñecemos a morte por envelenamento de trece águias imperiais e máis de corenta milanos reais. A águia imperial, unha especie en perigo de extinción mundial da que só existen 250 parellas, todas elas en España. O milano real, pola súa banda, en franco declive e especie declarada en perigo crítico de extinción en varias comunidades autónomas. En definitiva pódese afirmar que o uso de cebos envelenados mantense na maioría das CCAA.

O ranking

Andalucía encabeza o ranking, polo seu notable traballo de loita contra o veleno nos últimos anos. A comunidade é a única que recibe un aprobado e pasa sen apuros os oito criterios avaliados, cinco deles con boa nota, mantendo unha ampla vantaxe sobre as súas perseguidoras.

Nun segundo grupo, cualificado como “Necesita mellorar”, atópanse as outras dúas comunidades máis extensas do territorio nacional: Castela-A Mancha e Castela e León, ademais de Cataluña e Baleares. No aspecto positivo destaca a posición de Castela e León, que ocupa o segundo lugar, grazas ás diferentes medidas aplicadas en 2010 que supoñen un primeiro e importante avance. Baleares avanzou en medidas de prevención e vixilancia. En cambio, Cataluña e Castela-A Mancha, aínda que levan tempo traballando neste tema, estancaronse nos últimos anos e deben facer un esforzo para chegar ao mínimo exixible.

A puntuación do seguinte grupo de cualificacións, “Moi insatisfactorio”, encabézaa Aragón. Esta comunidade conta cun plan rexional de loita contra o veleno desde 2007 que, con todo, demostrou ser escasamente operativo, debido sore todo á escaseza de medidas de vixilancia, investigación e sancionadoras. Acompáñanlle nesta categoría Asturias e Murcia.

Pechando a lista atópase o grupo que engloba as “Graves carencias”, onde se agrupa a aquelas comunidades que desenvolveron poucas ou moi poucas accións na loita contra o veleno, máis aló de recompilar información sobre os casos que se producen ou realizar as pertinentes necropsias e analíticas. A Estremadura e Navarra fáltalles moito por avanzar. Cabe lembrar que Estremadura alberga as principais poboacións de voitre negro en Europa, unha especie moi frecuentemente envelenada e Navarra conta con poboacións relevantes a escala europea de especies como o alimoche, o quebrantaósos ou o milano real, todas elas moi sensibles ao uso de veleno. A situación de Madrid é tamén rechamante, pois non mostra ningunha reacción, sendo das poucas comunidades que non se comprometeu a realizar un plan rexional de loita contra o veleno, a pesar de ter indicadores moi negativos, como é o feito de ser a provincia española onde se localizaron máis águias imperiais ibéricas envelenadas.

O último lugar do ranking é para a Comunidade Valenciana que, do mesmo xeito que outras CCAA, non está a desenvolver actuacións reseñables en ningún aspecto, obviando absolutamente a importancia do veleno. Ademais, nin sequera enviou a información solicitada reiteradamente por WWF.

Os aspectos prioritarios na loita contra o veleno, a xuízo de WWF, son os reflectidos no criterio de especialización de axentes de Medio Ambiente (na vixilancia e investigación de delitos), aspectos onde destaca Andalucía e en menor medida Cataluña, e a adopción de medidas exemplarizantes (como os vedados de caza tras casos de envelenamento), punto no que progresou Castela e León. Aplicouse un factor corrector que permite ascender postos ás comunidades que puntuaron nalgún destes dous aspectos prioritarios, así como no apartado de vixilancia e prevención.

Luís Suárez, responsable do Programa de Biodiversidade de WWF España, apunta: “Resulta inconcebible que, a pesar de que está plenamente asumido desde fai máis dunha década que o uso ilegal de cebos envelenados supón a maior ameaza para un amplo grupo de especies en perigo de extinción, as administracións non actuasen en consecuencia”. E conclúe: “A resposta adoptada até a data por case todas as comunidades autónomas non é equiparable á magnitude e importancia do problema e denota unha falta de vontade política, xa que existen suficientes ferramentas técnicas e legais para pór freo ao problema, tan só é necesario aplicalas”.

{xtypo_feed}OrixinalMáisA loita contra o veleno en España 2011{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies