Os días 27 e 28 de maio celebráronse, en Pontevedra, a través da empresa Partenón, as xornadas técnicas de vestiario e imaxe dos Axentes Forestais e Ambientais de toda España. A estas asistiron representantes das diferentes comunidades autónomas, a través das asociacións profesionais, sindicatos e calquera funcionario que quixese a asistir. A Asociación Profesional de Axentes Forestais de Galicia estivo presente.

 

Seguindo as inquietudes do congreso de Toledo, pretendíase lograr un mesmo PANTONE ou coordenadas cromáticas no uniforme, de tal xeito, que a cor fora único para toda España e non entrara en conflito coas directrices marcadas pola Unión Europea en materia de uniformes para axentes forestais de Europa. Así mesmo preténdese un mesmo escudo ou anagrama identificador para a roupa.

As conclusións ás que chegou a empresa Partenón son:

1. Solicitar unha equipación completa do material que se está a utilizar actualmente. En principio, consideran establecer como referencia, a equipación de Murcia.

2. Desenvolverase en dúas vertentes; por un lado os materiais para as diferentes capas e, por outro lado, elaborar uns bosquexos de diferentes combinacións non só de cor senón tamén de deseño.

3. Unha vez teñan claro que alternativa das propostas é a máis votada polos axentes, elaborarán uns prototipos (aínda que non serán na cor final). 3 xogos para os que designarán 3 usuarios dos que precisarán talles aproximados e destinos. Durante este período tratarán de ir mandando os tecidos a un laboratorio para que poidan ter todos unha idea das resistencias, Ret, Rct…..es dicir, as propiedades de cada artigo para que poder ter un criterio obxectivo da idoneidade de cada tecido para a súa función.

4. Durante as probas solicitarase uns “retroacción” das pezas, para o que pasarán un cuestionario con diferentes aspectos a valorar, por exemplo ergonomía, solapamento, uso conxunto, etc.

5. Se esta fase a cumpren, en setembro pasarán toda a información das probas, e esperarán ás suxestións, cambios e modificacións que sexan favorables para mellorar os prototipos. Con esta información confeccionarán uns prototipos “case-finais”, que presentarán, co consentimento da Asociación, no Congreso de Novembro.

En principio, e a grandes trazos, este é o plan que teñen. Tamén nos gustaría recalcar que é moi importante que traballen sobre as mesmas cores, a pesar de que somos conscientes de que en pezas como os polos poida haber 2 alternativas segundo a CCAA.

 

Este é contorno do escudo en formato internacional/ranger, acordado para a homoxenización da uniformidade dos Axentes Medioambientais e Axentes Forestais para todo o Estado Español. Dentro o anagrama que cada Comunidade Autonoma adopte.

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies