Xuntanza aprobación FAS – 2009

Na xuntanza da Mesa de Negociación do FAS-2009, celebrada o 20 de novembro de 2009, ACORDÁRONSE os criterios de reparto para o presente exercicio.  

A máis de pequenas melloras técnicas e da aceptación dalgunhas propostas presentadas por CCOO, respecto do texto do ano anterior, a novidade máis salientable foi que, a administración aceptou un compromiso, recollido na acta e que deberá concretarse nun acordo, de achegar o Fondo de Acción Social o 1% da masa salarial do Capítulo I dos orzamentos da Xunta.

O compromiso de Función Pública supón:

  • Un incremento mínimo de 1 millón de euros para o FAS-2010.
  • Un incremento mínimo de 4 millóns de euros ata o ano 2013.
  • Acadar o 1% da masa salarial do capítulo I, no ano 2014.

Desde CCOO consideramos que este compromiso, sen ser a nosa proposta (propoñiamos acadar o 1% nos próximos tres anos), supón unha mellora substancial respecto das cantidades aportadas neste derradeiros anos.

Para CCOO este compromiso abre a porta para acadar, por fin, un acordo plurianual de fondos que permitan acadar, no período da lexislatura, o 1% da masa salarial do Capítulo I dos orzamentos da Xunta.

Agardamos que este paso adiante, supoña retomar unha dinámica de negociación positiva que se truncara nos anos anteriores, recuperando un clima de confianza entre as partes, necesario por outra parte para levar adiante as negociacións desde a perspectiva da boa fe negocial, apostando polo consenso e non pola confrontación, posto que as reivindicacións sindicais de incrementos de fondos adicionais para mellorar as actuais axudas do Fondo de Acción Social da Xunta de Galicia, e implementar outras, son xustas e perfectamente asumibles.

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies