Xuntanza Comisión de seguimento (Acordo Técnicos SPDCIF)

Logo de meses, solicitándolle a Consellería de Medio Rural, a convocatoria da Comisión de Seguimento do Acordo de condicións de traballo do persoal funcionario dos Grupos A1 e A2 (Enxeñeiros de Montes e Enxeñeiros Técnicos Forestais) do Servicio de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF), finalmente o pasado xoves 29 de outubro celebrouse a xuntanza constitutiva da citada Comisión de Seguimento.

Como primeira cuestión, CCOO manifestou o seu desacordo coa política de feitos consumados da Dirección Xeral de Montes que, non convocou a comisión de seguimento cando se lle solicitou, incumprindo o Acordo, e posteriormente prolongou unilateralmente o período de gardas nas provincias de Ourense e Pontevedra, non respectou os períodos mínimos de gardas, os tempos de aviso previo, etc., e solicitou en consecuencia que non se repitan eses incumprimentos da letra do Acordo.

Do mesmo xeito, solicitamos que a instrución de gardas non pode recoller protocolos que vulneren o espírito do Acordo ou ordes que veñan a limitar dereitos adquiridos e xa exercidos polos traballadores/as, como o acoutamento dos días de “oficina” e outras medidas que para CCOO, a mais de non beneficiar a organización do traballo, limitan o dereito a conciliación da vida familiar e laboral. Como neste punto, os representantes da consellería manifestaron a vontade de facer valer a súa potestade organizadora, recordámoslle que esta está limitada polo respecto ós dereitos dos Técnicos, recollidos no texto do Acordo, pois do contrario veriámonos obrigados a denunciar os incumprimentos nas instancias que procedan.

Porén, o Sr. Director Xeral de Montes manifestou unha vontade negociadora que desde CCOO agardamos ver reflectida na próxima reunión da Comisión de Seguimento, cando deberán concretarse as compensacións para aqueles compañeiros/as de Ourense e Pontevedra que superaron os catro meses de gardas acordados.

Igualmente agardamos que o diálogo sexa a premisa fundamental á hora de organizar e xestionar o Servizo Público de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais, acordando previamente e non impoñendo unilateralmente tódalas cuestións que, na letra ou no espírito, se deriven do Acordo.

{xtypo_feed}29-10-2009 – Sector da Admón. Autonómica de CCOO de Galícia{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies