Xuntanza con Función Pública

Na reunión de hoxe con Función Pública tratouse sobre a futura modificación da Lei 2/2000, de novo, para que tódol@s Axentes Forestais poidan presentarse a un proceso de integración ao antigo grupo C, tal e como se quedara na última xuntanza de data 15/6/09.

O plantexamento que fixo Función Pública baseouse en preguntar ás organizacións sindicais presentes, das que cabe salientar a sorprendente inasistencia de ningún Axente por parte de UGT coma nos tempos de María Castaña, sobre dúas alternativas de modificación referidas en concreto sobre a adaptación da Lei ó contemplado no EBEP, é dicir, ou se modifica a titulación de acceso para encadrala no grupo C1 do EBEP- ou sexa bacharel ou Técnico de ciclo medio- ou quedaba o actual requisito de titulación –Técnico superior ou GORNP- e o encadre de grupo pase a ser o B segundo se recolle no EBEP.

A postura de CCOO foi a de garantir primeiro a posibilidade de acceso dende o anterior grupo D -hoxe C2- ó C –hoxe C1- e logo, no remate dos procesos de integración no ano 2013-2014 o pase automático ó novo grupo B a todos aqueles que evidentemente superasen os procesos de integración, pero sempre baixo a premisa de garantir que absolutamente TOD@S @s Axentes poidan participar nalgún dos procesos de integración.

Por outra banda tamén lles preguntamos polo propio proceso que está actualmente convocado do que se nos dixo que a lista de admitidos sairá publicada en breve, por fin. Sen datas para o exame.

En canto ó Concurso de traslados están á espera de que cheguen tódalas reclamacións para miralas. Segundo a Xefa de Servizo de Provisión de Postos a finais de ano estará rematado o proceso. Todo isto a pesar das dificultades e impedimentos irresponsables causados polo CSIF ó designar para a comisión de valoración de xeito ilegal a unha persoa pertencente ó persoal laboral, e que puxo en perigo toda a legalidade do procedemento do concurso. Si esta metedura de pata foi sen malicia é grave por ignorancia. Se foi adrede aínda é peor polos oscuros intereses de tal acto.

Tamén nos dixeron que as prazas que queden vacantes despois da fase de resultas non se ofertarán @s compañeir@s en destino provisional.

{xtypo_feed}Sección Sindical de CCOO – 09-10-09{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies