Xuntanza con Medio Rural 27-11-2009

POR FÍN, e despois de nove meses sin reunirse os seus traballadores, a Consellería do Medio Rural convocou os sindicatos para unha xuntanza.

A Administración preguntou ós sindicatos as nosas  reivindicacións, UGT esixíu a renovación do Acordo de condicións de traballo que está caducado e un calendario de reunións para a negociación, e recordamos a necesidade de realizar un Regulamento de funcións para Axentes Facultativos Medioambientais (Grupo C), así como o remate do longuísimo proceso de integración no Grupo C.

Pola sua banda a Administración dou por constituida a Mesa de negociación e solicitou a cada unha das centrais sindicais, nun prazo de 10-15 días, unha proposta de melloras do actual Acordo, ademáis comprometeuse a entregarnos un calendario de xuntanzas na vindeira reunión.

UGT preguntou á Administración se lle vai a dar continuidade ao modelo proposto de xerarquización do Corpo, e  dixeron que NON ó tema das prazas de Inspectores de Distrito e Inspectores Provinciais, e ademáis tamén dixeron que NON ás especializacións (Investigación de incendios). Plantexouse esta pregunta para saber a opinión da administración, inda que UGT entende que son temas que se deben tratar na negociación dun futuro Regulamento.

José Francisco Núñez Rodríguez
Sº Nacional FSP-UGT Galicia

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies