Xuntanza da comisión de seguimento do Acordo de Axentes forestais

Logo da solicitude feita por CCOO, CIG, UGT e CSIF, xunto coas actuacións deste colectivo de funcionarios/as, o día 24 de novembro tivemos a xuntanza da Comisión de Seguimento do Acordo de Condicións deTraballo de Axentes Forestais. Ata alí tamen se achegaron dous representantes de APRAFOGA para apoiar áos representantes sindicais nas demandas laborais e funcionais dos/as axentes forestais e axentes facultativos medioambientais.

Se trataron con unidade por parte das organizacións sindicais tódolos puntos achegados na convocatoria así como os acordados na Asemblea de Axentes Forestais (4.11.2011) e denunciamos o desprezo continuo que ten á Consellería de Medio Rural co colectivo. A Admón. non trouxo a xuntanza nin unha soa proposta de solución e estivo colocada completamente a defensiva centrada en rebatir as propostas e demandas que presentamos. Destacar que a Secretaría Xeral da CMR afirma que estes dous anos houbo moitos avances e que teñen diálogo continuo cos axentes, deixamos claro que non era cos seus representantes legais así que, de telas, nin tiñamos coñecemento nin solucionaron nada.

Demandas das que destacamos:

  • Acordo e Regulamento, a Consellería recoñece a necesidade de modificación do Acordo e tamén do Regulamento, que ademáis recolla ás dúas escalas. Propoñen a creación dunha mesa de traballo na que se trate a renovación do Acordo de condicións de traballo e posteriormente o novo Regulamento. A data para a primeira xuntanza é o vindeiro día 15 de decembro de 2011 ás 10:00h. Nós recordamoslle que xa dende o 2009 teñen as nosas propostas sobre a mesa, que si ben precisan unha revisión porque se foron quedando vellas, podíamos partir delas para a súa negociación ao que non respostaron.
  • Vestiario, Acordase a necesidade da regulación normativa do mesmo, de xeito que en lugar de ser “ roupa de traballo” pase a ser uniforme, ante o que a Consellería remite a redacción a mesa de traballo.
  • Acreditacións, Denunciamos, unha vez máis, que aínda hai axentes sen acreditación e incluso sen número. Acordase que a Consellería emita unhas acreditacións provisionais (en 15 días), en tanto non se fixen as definitivas por orde.
  • Vehículos, Evidenciase a problema existente cos vehículos, imaxe corporativa, identificación como vehículos de emerxencia, que se adapten a normativa de seguridade e saúde laboral… Disto non queren nin falar, alegando que son vehículos que deben de ir identificados de xeito xenérico para a Xunta de Galicia, en definitiva, que por eles van ser iguais para un técnico da COTOP que para un/ha axente forestal. Temos que destacar que ningunearon de xeito específico o carácter de axente de autoridade e xa non falemos de policía administrativa especial e xudicial.
  • Grupo C, Non van a facer nada nas cuestións, que según eles, únicamente dependen de función pública, remate do proceso de promoción pendente, novo proceso, convocatoria da oposición OPE 2009 e situación dos interinos que ocupan prazas de comisión na toma de posesión do ultimo proceso.
  • Vacantes, solicitamos a cobertura das vacantes, baixas, permisos de duración superior a 10 días. Presentase un documento de 2009 coa xustificación de cobertura e creazon de 160 prazas máis (enp, distritos, conservación…). Ante a cobertura de vacantes nos informaron de que, polos datos que posúen, únicamente había sen cubrir 7 plazas. O que, naturalmente, cuestionamos e insistimos na necesidade de cobertura do 100% das vacantes.
  • Gardas do mes de outubro, Medio Rural dixo que as pagaría pero que inda non saben nin CANDO nin COMO, nin CANTO!!!. As centrais sindicais non queremos esmolas e solicitamos a compensación tamén en tempo e sempre dende o día 1 de outubro, xa que desde esa data se estiveron a facer xornadas de 12 horas ou máis e, destacamos que no distrito do Barco, onde estaban a traballar nos famosos lumes de Manzaneda, nen sequera pasaron a extraordinario. Ademáis demandamos o recoñecemento público por parte da Xunta de Galicia da especial adicación dos axentes forestais nas vagas de lumes.

POR UNHA GALICIA CON AXENTES FORESTAIS ¡!POLA DEFENSA DO NOSO PATRIMONIO NATURAL!!

 

{xtypo_feed}Orixinal{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies