Xuntanza da Mesa de seguimento do Acordo (30-05-07)
Tras máis dun ano sen convocatorias e debido á insitencia dos sindicatos mediante escritos (5 de xaneiro e 7 de maio), roldas de prensa e asembleas informativas, hoxe por fin convocóusenos a unha nova reunión na que pretendíamos tocar aqueles temas que consideramos máis urxentes.
A esta reunión acudiu pola Consellería de Medio Rural o Secretario Xeral (Alberte Blanco), o Subdirector de Persoal e o Xefe do SPDCIF, e pola de Medio Ambiente a Subdirectora de Persoal (Lourdes Batán) e o Xefe do Servizo de Caza e Pesca (Emilio de la Rosa). Por CIG Moreno, Barbazán e Marcos, por CSIF Aquilino e Anxo, por UGT Pimentel e Espiñeira e por último por CC.OO. Alejandro e Javier.
Abre a reunión o Secretario Xeral de M.R. expoñendo os mesmos argumentos de fai exactamente un ano (1ª toma de contacto, que si non lles chegaron os escritos, que si hai máis colectivos que tamén queren mesas de negociación, que si non lle poñemos inconvintes á presencia de alguén de Presidencia nestas reunións, o mismiño que hai 384 días) e xustifica todo isto co cumprimento das cuestións prantexadas o ano pasado (modificación da Lei 2/2000, 1º proceso do grupo C…-por certo ainda sen rematar-).
Todo isto e ante as aclaracións que lles fixemos de que durante un ano non se nos convocara, tendo en conta a urxencia de tratar diversos asuntos como son a renegociación do acordo do 2004 e o regulamento do grupo C, o Secretario X. De M.R. dinos que en precampaña de verán non se pode negociar ningún destes aspectos pois están todos concentrados cos temas do lume (nin que foran eles os que van a apagalo) e que polo tanto se poderían debatir aló por mediados de setembro “ou máis adiante”(sic), a pesar de explicarlles que si as negociación conlevan aspectos económicos éstes serían de dificil reflexo nos orzamentos de 2008 pois nesas datas xa estaría pechados por consellerías para o seu debate no Parlamento, e tamén a pesar de advertirlles que o Regulamento do grupo C tiña un tempo moi concreto de elaboración marcado polo propio Parlamento na Lei de modificación da Lei 2/2000 (12 meses dos que xa pasaron 5), desoíndo deste xeito o mandato lexislativo.
Tamén espuxemos que por parte da Consellería de M.A. non era de recibo que acudise a estas reunións sempre cargos que non superaban o rango de subdirectores e deixamos claramente definido que nas seguintes reunións terían que acudir persoas do mesmo nivel de cargo que os que se presentan por parte de M.R. (Secretario Xeral e Director Xeral), pois senón levantaríamonos xa que nos parece unha falta de respeto por parte desta Consellería, ó que a Sra. Batán se xustificou coa axenda tan “ocupada” do Secretario X. de M.A.
Tras debatir aspectos como a pouca disposición da Administración para levar a cabo reunións con temas concretos e á negociación áxil o Sr. Alberte insiste en que non teñen problemas en tratar aspectos puntuais, pero de negociar acordos ou regulamentos antes do verán nada de nada.
Tras isto tentamos que se nos aclarasen aspectos específicos e urxentes e plasmados no escrito remitido en xaneiro e en maio deste ano:
ADSCRIPCIÓN DE AA.FF. DE M.A. A INCENDIOS NO VERÁN
A primeiros deste mes M.R. remitiulle un escrito a M.A. para tratar este asunto e dinnos que os Directores Xerais están a tratar o tema. NADA MÁIS=QUE HAI 1 ANO. Deixamos constancia do gravoso que é abandonar a área de M.A. para adicarse en exclusiva ós lumes, pero que tampouco nos podían pedir que fixésemos ambas cousas ó mesmo tempo. Tamén solicitouse un trato digno ós AA.FF. de M.A. cando pasen ós Distritos e que non ocorran casos denigrantes como o ano pasado.
UNIFORMES
Espuxemos claramente que teremos que ter un uniforme ÚNICO E EXCLUSIVO da Escala de Axentes Forestais.
A sorprendente resposta do Sr. Alberte foi que a Consellería de M.R. xa convocara un concurso para a compra desta roupa, e que o gasto xa estaba comprometido polo que o tema non tiña volta atrás, así que estaban dispostos a falar dun uniforme cando remate a vida útil deste material que adquirirán (2 ANOS). Tras un tenso debate onde tentaron xustificarse en que as consellerías teñen os seus presupostos distintos, que se deben diferenciar uns dos outros, que si os traballos non son os mesmos, que si non necesitamos roupa ignífuga no inverno, quedounos claro que os aspectos ata ese momento tocados eran botados cara abaixo un por un, e o uniforme foi a gota que colmou o vaso, polo que decidimos levantarnos e abandoar a reunión pois enetendemos que era unha auténtica perda de tempo, quedándose na sala so a CIG (pronto se escoitou a alguén da Admón que se reflexase en acta que a CIG permanecía). So estiveron uns 10 minutos e o que escoitaron non tivo desperdicio. O Sr. De la Rosa chegou a comentar que o tema do uniforme distinto era “una menudencia” pois probablemente acabaríamos sendo dúas escalas distintas e as consellerías farían as conviocatorias para a cobertura de prazas para estas escalas de xeito separado e distinto.
Asi son as cousas e así as contamos.
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2007{jcomments off}