Xuntanza da Plataforma sindical (13 de setembro de 2004)
 
 

Como consecuencia desta xuntanza remitíuselle á Consellería o seguinte escrito:

“Tra-la sinatura do Acordo sobre condicións de traballo e carreira profesional do persoal da escala de Axentes Forestais” o 24 de xuño deste ano, e tendo en conta que na data actual aínda non foron convocadas as Organizacións Sindicais asinantes para a constitución da comisión de seguimento do acordo prevista no seu apartado 9, e dado o relevante dos temas pendentes de execución, consideramos que é necesaria a súa urxente convocatoria para someter á consideración da parte social o relativo á tramitación dos seguintes apartados:

– Modificación da Lei 2/2000

– Decreto de integración na Escala de Axentes Facultativos Medioambientais.

– Regulamento da escala de Axentes Facultativos Medioambientais.

– Convocatoria do proceso selectivo de acceso ó grupo C.

– Proceso de integración nos Distritos Medioambientais.

Asemade ó concernente ó desenvomento dos seguintes puntos previstos no acordo:

– Convocatorias de cursos de formación e perfeccionamento da escala.

– Estudo de prevención de riscos laborais e melloras das condicións de traballo.

– Adecuación do modelo de cadrantes horarios previstos como anexo ó acordo.

Estimamos necesario ademáis tratar as seguintes cuestións, por consideralas transcendentais para o colectivo:

– Concurso de traslados.

– Identificación, uniformidade e dotación de medios.

– Borrador do Anteproxecto da Lei de Montes de Galicia.

Tendo en conta a amplitude de temas a tratar e do escaso tempo de que se dispón para levar a cabo algúns dos puntos, solicitamos a urxente convocatoria dunha reunión das partes asinantes do acordo.{jcomments off}
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies