Xuntanza da Plataforma Sindical con Función Pública (15-02-08)
 
 

O pasado día 15 mantivemos unha reunión con Función Pública para tentar que aclarasen varios aspectos relacionados co colectivo de Axentes Forestais e Axentes Medioambientais dos que pasamos a informar:

 

– Concurso de traslados: convocarán dentro do 1º semestre deste ano un concurso para tódolos corpos especiais. Os que pasaron ó grupo C non poderán participar no mesmo ó non levar dous anos nun novo posto.

 

– Toma de posesión provisional para os que superaron a última oposición: seranlles ofertadas o 100% das prazas vacantes, pois segundo F.P. esta situación xa se deu noutros colectivos incluso de corpos especiais, e a pesar dos argumentos expostos e das posibles disfuncións que isto puidese conlevar ó ofertar prazas de niveis superiores non están pola modificación de criterios para ningún caso.

 

 

– Curso habilitante para o grupo C e próxima convocatoria de integración: recolleron as peticións de realización dun novo curso no prazo máis curto posible polo que poñerán en contacto coas consellerías para organizalo e que barallaban facelo por teleformación, e a convocatoria neste ano da 2ª fase de integración incluíndoa na O.P.E deste ano.

 

– Afectados pola antiga Lei de Función Pública: ó completarse as tres oportunidades pasarán os afectados a persoal laboral fixo e que tratarán de ofertarlles praza na mesma localidade que están a ocupar actualmente e que despois non poderán volver a moverse desa praza nunca máis (sic).

 

– Afectados pola disposición adicional 16ª da nova Lei de Función Pública: estase en plenas negociacións deste asunto, polo que remítennos ó resultado das mesmas.

 
 
Todas estas situacións veñen de ser provocadas fundamentalmente pola falta de convocatorias dos procesos habituais de provisión de postos mediante concursos de traslados como si estes procesos fosen algo que os funcionarios de corpos especiais tivésemos vetado, obtendo como resultado todo este “guirigay” de situacións. A pesar de tentar ofrecerlles saídas alternativas rexeitaron todo aquelo que non se axustase a dereito. O resultado obtido con negarnos sempre os nosos dereitos é que sempre pagan o pato os mesmos: os traballadores.{jcomments off}
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies