XUNTANZA DIRECCIÓN XERAL FUNCIÓN PÚBLICA – SINDICATOS (18-02-08)

 

O día 18 de febreiro, previa petición sindical, celebrouse unha xuntanza na Dirección Xeral de Función Pública, para proceder ó reparto do 10% da masa salarial correspondente ó persoal funcionario e laboral, como consecuencia do establecido no acordo retributivo, asinado no ano 2006, para o conxunto do persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia.

 

Este 10% pendente de repartir no presente exercicio ascende a un total de 1.016.933 euros, distribuídos en 619.287 euros para o persoal funcionario e 397.646 euros, para o persoal laboral.

 

A Administración plantexa unha hipótese de reparto do seguinte xeito:

 

  • a parte correspondente ó persoal funcionario destinaríase a pagar a equiparación de niveis servicios periféricos/servicios centrais, pendentes de homologar no anterior acordo por falla de dotación orzamentaria suficiente.
  • a parte correspondente ó persoal laboral destinaríase para pagar o complemento de funcións do persoal laboral o que a Administración excluíu, unilateralmente no se día.

 

 

Desde CCOO plantexamos as seguintes opcións alternativas de reparto, e por este orde de preferencia:

Opción A:

  • No caso do persoal funcionario para iniciar un acordo de mellora dos trienios tomando como cantidade de referencia a correspondente o Grupo A.
  • No caso do persoal laboral para mellorar o valor actual do trienio único, que desde o ano 94 non tivo ningunha mellora, mais aló da suba anual do IPC previsto.

 

 

Esta opción foi apoiada por tódalas organizacións sindicais presentes.

Opción B:

  • Proceder a un reparto lineal e xeneralizado entre todo o persoal funcionario e laboral como unha parte mais de recuperación do poder adquisitivo perdido nos anos anteriores o acordo.

 

Opción C: tal como establece o acordo:

  • No caso do persoal funcionario, para mellorar os complementos específicos en función das circunstancias do posto, empezando polos postos que corresponden os rexistros, a atención directa o público, ou pertencen a servicios de atención os cidadás.
  • No caso do persoal laboral para incrementar o valor do actual complemento de turnicidade e xornada partida (especial adicación).

 

A administración tomou nota e quedou de convocar unha nova xuntanza para proceder o seu reparto en función da opción que se acorde.

 

 

ACCIÓN SINDICAL
SECTOR ADMÓN. AUTONÓMICA de CCOO de Galicia{jcomments off}

 

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies