Xuntanza do Consello Forestal
Ola a todos e a todas, xa sabedes que o pasado día 19 celebrouse unha xuntanza do Consello Forestal para, entre outras, presentarnos o PLADIGA, non me extendo, sinxelamente unha vergoña.
Achégovos o voto particular que se fixo como representante da Asociación Amigos da Terra, do resto dos compoñentes menos dúas intervencións SILENCIO, a seguir coa procesión dos caladiños.
Tamén vos achego os acordos da Comunidade de Castela León en canto ás quendas de incendios, sacar conclusións e a reflexionar.
Como nos comunicamos pouco e a min non me chega información, alguén sabe algo de propostas, alegacións, queixas, suxestións… que teñan realizado os nosos representantes ou as organizacións sindicais e profesionais que din representarnos?, non sei… cobertura das vacantes, desfeita das BIIF, estructura dos Distritos, horarios, medios materiais e técnicos, prevención de riscos, horario de verán e vacacións, obxectivos, regulamento da Escala, Orde de horarios… ao mellor o aletargamento invernal só o padecemos algúns e resulta que o colectivo de axentes forestais xa está tocando o ceo.
Unha aperta solidaria e forestal, e como decían os vellos de Ourense, QUE CHOVA!!!!
Xosé Santos