Xuntanza OO.SS DXFP (10-07-09)
3.- RETRIBUCIÓNS ANO 2010. Aseguran que ainda que non está fixada, no proxecto dos presupostos xerais do estado, a previsión de incremento das retribucións básicas dos Empregados Públicos, en Galicia a intención para o ano 2010 e limitarse a aplicar só o que veña de Madrid. Seguen falando da posibilidade de negociar un novo acordo retributivo plurianual, a 3 ou a catro anos, pero descartando o ano 2010, porque teñen pouca dispoñibilidade orzamentaria (ou porque teñen pouca vontade).
4.- COMISIÓN REGULACIÓN ASISTENCIAS TÉCNICAS. Dan conta da constitución da comisión para a regulación das asistencias técnicas, aprobada no derradeiro Consello da Xunta, que segundo eles se vai encargar, en primeira instancia, de facer un estudio de análise da situación para presentárllelo as organizacións sindicais na segunda quincena de setembro e iniciar a súa negociación.
5.- PROPOSTA DE ACORDO MOBILIDADE COA FEGAMP. Anuncian como novidade a negociación dun acordo de mobilidade coa FEGAMP, que pretenden ter rematada a finais de xullo, e que afectaría o persoal funcionario dos concellos e da Xunta de Galicia, ten en conta criterios de reciprocidade.
6.- DESENVOLVEMENTO ACORDO EMPREGO (LABORAIS). Pretenden pechar no mes de xullo a RPT coa creación (e/ou modificación) dos postos que conforman o acordo de emprego, para poder iniciar no mes de setembro o desenvolvemento do mesmo. Manteñen o compromiso de levar en paralelo os procesos de provisión (concurso de traslados) e selección (consolidación emprego), comezando polo concurso de traslados para o persoal laboral do grupo V.
7.- PACTO POLOS SERVICIOS PÚBLICOS EN GALICIA. Plantean, tal como ven pedindo CCOO, a constitución, no mes de setembro, dunha mesa de negociación para abordar un pacto polos servicios públicos en Galicia, coa intención de regular:
- As mesmas garantías de transparencia no acceso a calquera dos ámbitos da administración autonómica.
- As asistencias técnicas estructurais, transformándoas en emprego público real e regulado.
- O núcleo básico esencial daqueles servicios públicos que deben ter unha xestión directa e que deben ser desempeñados obrigatoriamente por empregados públicos.
8.- ABOAMENTO REPARTO 10% FONDOS ADICIONAIS-2008. Aseguran que xa esta na intervención pendente de informe o aboamento do reparto dos fondos adicionais-2008, e que o persoal dos rexistros cobraría no mes de xullo, e o resto dos beneficiados no mes de agosto. Polo que respecta ao reparto do 10% do ano 2009, manteñen a intención de abrir unha mesa de negociación, no mes de setembro, para establecer os criterios do seu reparto.
9.- NEGOCIACIÓN RPT VETERINARIOS (ÁS DAS 4 CONSELLERÍAS). Manifestan que deron orde a tódalas consellerías afectadas, para que negocien, coas organizacións sindicais, as RPT de Veterinarios co obxectivo de, convocar o concurso de traslados antes de finais de ano.
10.- CONCURSO TRASLADOS CORPOS ESPECIAIS E ESCALAS. Teñen previsto convocar o concurso de traslados de 14 categorías (quedaron en pasar a relación das mesmas) que non teñan Xefaturas de Servicio afectadas por LD´s pendentes de cambio a concurso, na forma de provisión.
POSICIONAMENTO DE CCOO:
No turno de intervencións planteamos:
– Que se desenvolvese na súa integridade, a mais do acordo de emprego, a parte que afecta a promoción profesional dos funcionarios de carreira e laborais fixos: a promoción interna horizontal e cruzada; a reclasificación do grupo E, e a do grupo V; a funcionarización do persoal laboral; etc.
– Que non iamos aceptar a conxelación salarial para o ano 2010, polo que propoñiamos negociar un acordo retributivo plurianual para o persoal funcionario e laboral que tamén incluíse o ano 2010, polo que instabamos a que se nos dixera, antes de finais de xullo, cal ía ser a porcentaxe de masa salarial que, por riba do que marquen os presupostos xerais do estado, se propoñía incluír, a maiores, nos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2010.
– Que estabamos de acordo, por ser iniciativa nosa, coa apertura dunha mesa para acadar un pacto polos servicios públicos en Galicia, polo que só agardabamos que pasemos das intencións a concreción do pacto.
Tamén pedimos que se nos aclarasen as seguintes dubidas:
A carreira profesional que se pretende desenvolver, tamén afectará os postos de persoal laboral? Contestan que si.
Na negociación dos orzamentos de Galicia para o ano 2010, vaise manter a mesma rixidez na aplicación da taxa de reposición de efectivos? Non se pronuncian aínda que son conscientes que dita rixidez esta a plantear problemas de cobertura de postos, polo que en moitos departamentos se está recorrendo o contrato de acumulación de tarefas para cubri-los, e así poder garantir o funcionamento dos servicios.
O acordo de mobilidade coa FEGAMP, vai ter en conta o persoal laboral? Vanse facer extensivos os criterios de reciprocidade do acordo de mobilidade coa administración do estado e de outras comunidades autónomas, o persoal laboral? Non se pronuncian.
Resumindo, esta xuntanza coa Dirección Xeral, a mais de valorala positivamente pola amplitude dos temas tratados, enmarcase na lóxica da interlocución fluída e permanente que debe existir entre as partes, facilitando a información que afectan as condicións de traballo do persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia, e procurando abrir espacios de negociación para acadar os máximos acordos posible.