CCOO, nunha breve intervención inicial, fixo unha valoración positiva sobre a decisión acertada e positiva da consellería de Medio Ambiente de seguir mantendo xuntanzas previas, coa representación sindical, que faciliten a negociación polo miúdo da RPT, a diferencia doutras consellerías que non o permiten.
CCOO, entrando xa en materia, fixo unha valoración contundentemente negativa da proposta global de RPT que se nos presentaba, facéndolle unha dura crítica a mesma, o non contemplar esta, ningún incremento substancial de postos.
CCOO denunciou que a proposta de RPT era unha provocación e un desatino, posto que pretende manter e consolidar un abuso escandaloso de “ASISTENCIAS TÉCNICAS”, que están ocupando postos estructurais, en claro detrimento do emprego público, e cunha incoherencia evidente entre o afirmado publicamente e o practicado no día a día polos responsables da C. de Medio Ambiente. Fronte as promesas de eliminar os “chiringuitos e as asistencias técnicas” que deixaron os do PP, a realidade é que co actual goberno segue aumentando o número de “chiringuitos” co único obxectivo de escapar dos controis públicos, e seguen aumentando as asistencias técnicas para cubrir postos de caracter estructural e reservados a empregados públicos.
CCOO, manifestou ademais que, namentres esta Consellería non adquirise un compromiso formal, serio, concreto e progresivo sobre a reducción deste tipo de contratacións fraudulentas e a súa transformación en emprego estructural estable, non ía participar neste proceso de negociación da RPT, porque a proposta presentada camiñaba na dirección contraria da resolución das graves carencias de persoal existentes en case que tódolos ámbitos da consellería.
CCOO, por tanto, manterá a súa posición respecto desta RPT mentres os xestores da Consellería de Medio Ambiente non se comprometan a concretar a transformación da escandalosa taxa de emprego externo existente (asistencias técnicas) en emprego estructural mediante a creación de postos propios de RPT.
Desde CCOO, emprazamos os responsables da Consellería a que presenten unha nova proposta de RPT que recolla a principal reivindicación de incremento paulatino da actual plantilla; primeiro, mediante a transformación das asistencias técnicas fraudulentas en emprego estructural, e nunha segunda fase coa creación de novos postos naqueles departamentos mais deficitarios.
Por último, agardamos que estes plantexamentos sexan tidos en conta, e que nos próximos días se convoque novamente as organizacións sindicais a unha xuntanza co obxectivo de acadar un acordo que permita resolver o paradoxo que supón que unha Consellería que por competencias propias necesita aumentar significativamente a súa plantilla, estea nestes intres chea de asistencias técnicas en fraude de lei.
ACCIÓN SINDICAL
SECTOR ADMÓN. AUTONÓMICA de CCOO de GALICIA{jcomments off}