Investigado por colocar trampas e lazos para capturar xabarís en Ponteareas

Localizáronse un total de 10 lazos montados de aceiro trenzado, un punzón duns 40 cm e o cadáver dunha cría

 

A Patrulla do SEPRONA da Garda Civil de Ponteareas en colaboración con Axentes Ambientais da Xunta de Galicia, montaron un dispositivo tras ter coñecemento de que nunha zona de monte colocáronse varios lazos atados a árbores e montados para poder capturar animais.

 

Inspecciónase o lugar onde se comproba a existencia dos lazos, e obsérvase que os troncos das árbores onde se ataron foron impregnados con gasoil ou similar, para atraer ao xabaril e que así quede capturado.

 

Como resultado desta vixilancia descóbrese in fraganti a un home que manipula os lazos, e procédese á súa identificación, resultando ser un veciño da zona de 60 anos, que manifesta que coloca os lazos para evitar os danos que os xabarís provocan nos seus cultivos e que, unha vez capturados, os deixa no lugar.

 

Por iso , procédese á súa investigación pola comisión dun delito relativo á protección da fauna.

 

Intervéñense un total de 10 lazos de aceiro  trenzado, unha arma caseira consistente nun punzón duns 40 cm e o cadáver dunha cría duns 15 kg de peso, que se remite ao centro de recuperación de fauna salvaxe da Xunta de Galicia onde se procederá á súa necropsia e posterior destrución.

Leer máis: http://www.sondolouro.com/index.php/provincia/item/6775-investigado-por-colocar-trampas-e-lazos-para-capturar-xabaris-en-ponteareas.html

 

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies