Alegacións da CSIF ó borrador da convocatoria do proceso de promoción ó Grupo C
- Dado que na promoción convocada no ano 2005 a fase de concurso mostrouse totalmente ineficaz, propoñemos que se elimine e que o procedemento sexa o de oposición.
- Eliminar a base I.2.3. Capacidade funcional.
- Eliminar na base II.1.1.1. o texto “Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas descontarase unha correcta”.
- Eliminar a base II.2. Fase de concurso.
- Modificar a base II.3. por non realizarse fase de concurso e eliminando o segundo parágrafo.
- Eliminar o apartado C) certificado médico oficial, da base IV.2.
- Eliminar da base IV.4. o texto “na cal se indicará o destino adxudicado de acordo coa puntuación obtida nos exercicios da oposición”.
- Incluirase unha nova base IV.4.bis, co seguinte texto “Os funcionarios nomeados seguirán prestando servizos nos postos de traballo que estivesen ocupando con carácter definitivo. No suposto de que existan opositores que desempeñen postos con carácter non definitivo, ofertaránselle as correspondentes vacantes”.
- No anexo I “Temario” eliminar a parte común e o tema 19.