O  sector forestal e medioambiental galego xógase moito en europa.

En materia forestal e medioambiental, aínda que a Unión Europea carece dunha política forestal común, son moitas as políticas e iniciativas da Unión que afecta aos bosques cuxa influencia vai mais alá do propio territorio dos Estados membros. Dentro das accións europeas a prol dos nosos bosques fomentadas dende as institucións da Unión podemos destacar:

Estratexia Europea en favor dos bosques, adoptada pola Comisión no ano 2013, cuxos principios reitores son a xestión sostible dos bosques, a utilización recional dos seus recursos e a responsabilidade da Unión respecto dos bosques a escala mundial.

A Política Agraria Común, que é unha das principais fontes de financiación para os nosos bosques. O novo Regulamento relativo ás axudas para o denserolo rural preve medidas específicas de inversión nos nosos bosques para fomentar a forestación, para a prevención e reparación dos danos causados nos bosques por incendios e desastres naturais, así coma a inversión en servizos forestais, medioambientais e climáticos e de conservación dos bosques, entre outras medidas.

A Rede Natura 2000. No ano 1992 a Unión Europea aprobou a Directiva Hábitats para a protección dos espazos naturais e as especies no continente co obxectivo de crear unha rede de zonas protexidas con orzamento comunitario. Na actualidade a Rede Natura segue xerando novos proxectos, novas inversións e plans que involucran ás poboacións das áreas protexidas e aos seus visitantes.

Outros programas e medidas de importancia para o sector forestal. No marco da política de cohesión cofináncianse proxectos forestais con cargo ao Fondo Europeo de Desenrolo Rexional (prevención de incendios, loita contra o cambio climático…).Co Fondo de Solidaridade axúdase aos estados cando se enfrontan a catástrofes e a incendios forestais. O instrumento de financiación do medio ambiente (LIFE+) apoia varios proxectos forestais, entre eles a prevención dos incendios forestais. Dende o sistema europeo de información sobre os incendios forestais (EFFIS) faise un seguimento destes sinistros. A Unión Europea tamén promove a contratación pública ecolóxica que favoreza a demanda de madeira producida de forma sostible.

En fin, que o sector forestal e medioambiental xógase moito en Europa, e Galicia, dous terzos do seu territorio é monte, de ahí a importancia dos próximos comicios ao Parlamento europeo a celebrar o 25 de maio.

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies