Criterios para a realización de censos de aves rapaces
Criterios xerais
Os seguintes criterios pretenden servir de referencia para a realización de censos de aves rapaces nos espazos naturais protexidos.
Como norma xeral, teranse en conta as seguintes cuestións:
* Non achegarse máis do necesario.
* Non facer observacións en presenza de persoas alleas á xestión oficial do Espazo Protexido, nin se delatará a situación dos niños.
* Para a localización das zonas de cría -águias e buitres negros-, intentarase facela primeira inspeción o antes posible, para observar voos nupciais que sinalen a situación aproximada dos niños.
* A observación farase sempre con boa iluminación, evitando o sol de frente ou lateral, cando hai bruma.
* No caso do buitre negro, cinguirse ás fotografías das buitreiras, e sinalalos niños tendo en conta que dunha volta a outra, faltarán algúns e haberá outros novos. Numeraranse seguindo o modelo do censo correspondente ó ano anterior.
* Considerarase que un niño está ocupado, na primeira volta, cando estea un adulto incubando como mínimo (un niño arranxado, sen adultos preto, soe indicar que non se criará nel).
* A diferencia entre un polo de buitre leonado e un adulto, radica na cor da bufanda, que será marrón nos pólos e blanco nos adultos.
A distinción das águias basarase:
* Águia real: pólo escuro con manchas blancas.
* Águia imperial: pólo marrón claro.
* Águia perdiceira: pólo marrón ocre.
En canto ó buitre negro, distinguirase dos anteriores porque o pólo ten a cabeza máis escura que os adultos.
Especies:
Buitre leonado
Primeira volta en decembro-xaneiro (15 a 30 de xaneiro) parellas reprodutoras.
Niños ocupados.
Sinalar en fotos e numerar ordenadamente.
Segunda volta (1 a 15 de marzo) pólos que nacen e parellas reprodutoras tardías.
Ver pólo no niño e adulto cebando.
Terceira volta, (1 a 15 de maio).
Anotar tamén pólos tardíos.
Buitre negro
Localización de parellas: 15 de xaneiro a 15 de febreiro.
Primeira volta (15 de febreiro a 1 de marzo): niños ocupados.
Segunda volta (1 a 15 de maio): os pólos nacen.
Terceira volta (1 a 15 de xuño): os pólos voan.
Sinalar no plano e anotalos cambios.
Sinalar tódalas plataformas (incluso as vacías), indicando as observacións oportunas.
Cegoña negra
Anotalos mesmos datos que no caso dos buitres.
Águia perdiceira
Mesmo proceso que no caso do buitre leonado.
Águia imperial
Igual que no caso anterior.
Águia real
Primeira volta (febreiro): niños ocupados.
Segunda volta (15 a 30 de marzo): os pólos nacen.
Terceira volta (15 a 30 de maio): os pólos voan.
Outras especies
Enumeralos mesmos datos e acompañar da ficha correspondente, con cartografía. Deberanse anotar tódalas observacións de especies raras ou exóticas que se poidan ver.