Pazo Bendoiro

CELEBRACIÓN DO DÍA DOS FORESTAIS

 

A ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE AXENTES FORESTAIS ORGANIZA UNHA XUNTANZA ABERTA A TÓDOLOS COLECTIVOS DE FORESTAIS.

 

DATA DE CELEBRACIÓN: Día 4 de outubro

HORA DO XANTAR: 14:00 horas

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Pazo de Bendoiro, lugar de Prado, concello de Lalín.

INSCRIPCIÓN: ingreso de 40 euros no número de conta bancaria de APRAFOGA: 2080-5112-66-3040007321

DATA E HORA LÍMITE PARA A INSCRIPCIÓN:

• Para transacción electrónica: 27 de setembro.

• Para ingreso en efectivo: 30 de setembro ata ás 12:00 h.

Como ordenante debe de constar o nome e apelidos da persoa que fai o ingreso e en concepto, día dos forestais. O xustificante do ingreso deberá ser portado para acreditar o dereito de asistencia.

O Pazo de Bendoiro está no Km. 297 da Nacional 525, no concello de Lalín e a un kilómetro escaso da parroquia de Prado, importante núcleo de poboación, que se pode tomar como referente por atoparse en dita estrada nacional (Santiago-Ourense). Para traslados dende a AP-53, saída: Lalín Oeste.

Para os que queiran celebrar o día do patrón con asistencia a misa hai capela disponible no propio pazo. De haber interesados celebrarase as 12:00 horas.

Mais información en www.pazodebendoiro.com

Foto Pazo Bendoiro

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies